Xosé María Lema volve co roteiro Costa do Solpor

Cincuenta mestres de distintos puntos de Galicia - Monforte de Lemos, Vigo, Baiona, Santiago de Compostela, entre outros - realizarán o vindeiro sábado o Roteiro Costa do Solpor xurdido a raíz do libro de Xosé María Lema. No percorrido polos principais espazos nos que se desenvolve a novela, estarán acompañados polo propio autor e por outros dous poetas vinculados á zona: Alexandre Nerium e Miro Villar. O punto de saída será a praza do concello de Vimianzo ás 9:30 horas.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Lema Suárez en QPC

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • CAFI Linguas cooficiais