12 palistas dumbrieses acoden á Copa de España de Slalom en Mondariz

Definitivamente será Mondariz Balneario a sede da Copa de España de Slalom que se celebra tradicionalmente en Galicia. Despois da Copa Galega celebrada no mesmo escenario fai quince días, cunha gran participacióin dumbriesa, a escasez de auga facía temer polo desenrolo da competición nese local, pero finalmente se decidiu que fosen as augas do Tea as que acollan a proba, en vez de Padrón, que era o local que figuraba na recamara.

Pero os palistas del CDM Piragüismo Dumbría estarán na Copa de España confiados en facer unha boa competición. Segundo comenta Kiara Martinez, a deportista costeira becada no Centro de Tecnificación de Pontevedra, o nivel de auga non debería de variar demasiado do que os deportistas do Piragüismo Dumbría se atoparon fai quince días, e onde tan bos resultados acadaron. Os obxectivos da competición son os de pasar todos os corte e no caso de Kiara, Antía, Marco e Iago, colarse nas finais, e si é posible, loitar polas plazas de podium.

A expedición dumbriesa estará formada por Antía Loira, Laura Antelo e a xa referída Kiara Martinez nas categorías femeninas, e Aarón Rey, Marco Oreiro, Iago Canosa e Javier Trigo nas masculinas. Ademais viaxan tamén os xoves deportistas do clube Tomás Quintáns, Jorge Quintáns, Lorena Costa, Marcos Sanchez e Fran Romar coma abridores, para seguir collendo experiencia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte