Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais

O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais
Iago Canosa e Marco Oreiro Subcampions de Espana xuvenis en C2

Impresionante o facer dos equipos dumbrieses alá por onde van. Volei, volei praia, fútbol, ciclismo... todo vale para seguir poñéndolle nome por toda España a un pequeno municipio costeiro como Dumbría. Desta volta, acudía o CDM Piragüismo Dumbría a Ponts con un equipo moi reducido, pero con moi boas sensacións aos Campionatos de España de Slalom de Pons. E volveron con dous podios, que non son pouco falando dun nivel estatal, e unha gran actuación.

Iago, Marco e Javier traballaron este verán coa vista posta nesta competición, e sabían que Ponts non era o peor dos escenarios para intertar dar a sorpresa. Tratase dunha adecuación feita nun río, sen fondos de cemento que fan que outros participantes máis acostumados a esas circunstancias partan xa cunha gran marxe de ventaxa.

Xa o ano pasado o C2 de Marco e Iago nos campeonatos de España celebrados neste mesmo local demostraron que podían ser os que se levaran o ouro, pero non puidera ser, e quedara esa espiña para esta tempada, aínda que coa desvantaxe de subir de categoría, dado que Marco xa é xuvenil e a pesar de que Iago Canosa continúa sendo cadete. O primeiro obxetivo era pasar o corte no peche de control para esta modalidade, carísimo. Tanto é así, que só tres embarcacións foron quen de facelo, entre elas dos dous dumbrieses.

Visto o percorrido para as finais, a estratexia era clara. Non saltarse ningunha porta, e esperar que os outros cometeran o erro, para subir perldaños no podium. E así foi. A sorpresa foi que precisamente a embarcación local, a que máis coñecía o lugar da competición cometeu o erro que aupou os nosos palistas ó segundo posto do podium. Un subcampeonato que sabe a triunfo, a pesar de que se poido traballar bastante máis esta embarcación.

Iago só

Iago Canosa no podio como terceiro en K1 cadete

Sen embargo, a medalla de Iago Canosa, a pesar de ser terceiro nunha categoría inferior, ten tanto ou máis mérito deportivo o tratarse da modalidade reina do slalom, o K1, e competir contra unha das mellores xeracións de kayakistas da historia deste deporte en España. Iago, que traballa no Centro de Tecnificación de Pontevedra fixo unha competición intelixentísima, limitandose a pasar as mangas con solvencia, e gardando un pouquiño para a gran final, onde baixou o seu tempo en caseque 10 segundos, e a pesar das penalizacións (8 segundos) gracias ó seu excelente tempo non houbo quen o baixara do podium. Unha competición de Iago para enmarcar.

E gran traballo de Marco e Javier

Na súa competición individual, Marco Oreiro tamén brillou a gran altúra. Debutaba nuns campeonatos de España na categoría xuvenil, e foi quen de ir pasiño a pasiño pasando as rondas, ata obter un brillantísimo septimo posto na final.
Por último Javier Trigo pechaba a representación do clube de dumbría nestes campeonatos, e non foi quen de pasar o corte nas preliminares.

Un traballo de equipo

Finalmente estes excelentes resultados auparon ao CDM Piragüismo Dumbría a un sensacional 8º posto por clubes, o mellor obtido nunca pola entidade nunha competición estatal, volvendo a Galicia sendo o clube da autonomía que máis veces subíu o podium.

Todo un excelente preambulo ós Campeonatos Galegos de Slalom que se celebran a partir do Xoves 15 en Dumbría, e nos que os aficionados da comarca poderán ver en acción a estes deportistas competindo contra os mellores da comunidade galega.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios