Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego

O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego
A berdeoguesa Lorena Costa Rama foi bronce na sua categoria

Non para o CDM Piragüismo Dumbría e se a semana pasada xa subía a poidos estatais, esta arrasou nos Campionatos Galegos de Promoción de Slalom. 5 medallas deixaron en casa, tralas probas en O Couquiño, e sobre todo, o Campionato Galego por equipos, o primeiro da súa historia para seguir batendo marcas. Ademais, xa son todos os das escolas de Vimianzo, Zas, Ponteceso... os que traballaron arreo para acadar o triunfo.

E abofé que o merecían tralo traballo realizado nas últimas semanas, con entrenos desbordados de rapaces, con captacións en escolas municipais e actividades veraniegas. E "conseguiuse o obxetivo, facer valer que competíamos en casa, e obter o titulo de Campeons Galegos por Clubes", como recoñece Quique Portela, adestrador do clube.

Pero ademais do traballo en equipo, cómpre salientar a labor individual de cada palista. Kiara Martínez pechou unha unha brillante tempada revalidando o seu título de Campiona Galega infantil, sumándolle ademais un bronce na canoa femenina. Martín Fernández Romar daba a sorpresa agradable proclamandose Subcampión Galego benxamín e Lorena Costa e Jorge Quintáns tamén subiron ó terceiro chanzo de podium para recibir cadansúa medalla.
Pero non só iso, foron muitos os rapaces do equipo que remataron arriba na clasificación, o que sumou muitos puntos para a clasificación por clubes, coma Marcos Cancela, Fran Fernandez, ou mesmo Alexandre Cundíns, Sarai Villaverde, Xesús Cundíns ou Brais Sanchez.

Outros muitos, fixerono moi ben, coma os rapaces da Escola de verán de Vimianzo ou Zas, que sen ter escalado a grandes posicións, demostraron que hai madeira para grandes piragüistas neses grupos, coma Paula, Miriam, Daviz, Angel, Paula ou Elvira.

Vindeira proba

A vindeira cita do CDM Piraguismo Dumbría é o Campeonato de España de Jóvenes Promesas de Slalom que terá lugar en León, onde o clube acudirá con Kiara Martínez, así coma o Campeonato de España por Autonomías onde a mesma palista participara representando a Galicia.

Ademais se disputa a Copa de Castilla y León de Slalom, onde o entrenador Quique Portela desplaza un pequeno grupo de palistas como premio a un excelente fin de tempada.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios