Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo

Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo
Por cuarta vez o río Xallas en Dumbría acollía unha Copa de España de Piragüismo. De entrada se esperaba menos participación, dado que a crisis lle pasa factura a todos por igual, pero iso non foi así, e se completou unha lista de saida que se acercaba ós 100 participantes. Iso sí, dous feitos fixeron que menos público se desplazara para disfrutar da competición, por un lado que por primeira vez non se disputaba unha copa galega paralelamente a esta competición, e por outro, que os participantes galegos non chegaban á ducia en esta edición. Isto fai que os clubes de máis lonxe traen menos acompañantes e iso se ve refrexado no ambiente nas beiras do río. Mesmo así, e aproveitando un precioso día primaveral, foi múita a xente que se desplazou para disfrutar dunha xornada moi emocionante da modalidade olimpica do piragüismo de augas bravas, e tratando de coñecer os palistas que nun futuro non moi lonxano posiblemente estarán ahí representandonos en mundiais e xogos olimpicos. A competición foi dominada polo Club Cadí Canoe Kayak, que na súa primeira participación nunha Copa de España fora de Cataluña, coa sóa excepción dos Campeonatos de España, se impuxo ó outro favorito da competición, o Atletico San Sebastian. O Beti Busti de Bergara deu a sorpresa ó superar no computo xeral ó Santiagotarrak de Irún, que viña disposto a pelexar polas plazas do podium. En canto á participación do CDM Piragüismo Dumbría, esta se veía reducída a Kiara Martínez, que competía no C1 e máis no K1 femenino. Nesta última disciplina e despois dunha competición a un gran nivel, Kiara alcanzou o sexto posto, a apenas 10 centesimas do quinto, e a tres segundos do terceiro escalón do podium. Un resultado que da muita moral de cara ós Campeonatos de España de Slalom que se celebrarán o 24 de agosto en Sabero, León.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios