Luns. 29.04.2024
El tiempo

Iago Canosa e Marco Oreiro sobreviven a unha competición fallída en Irún

Iago Canosa e Marco Oreiro sobreviven a unha competición fallída en Irún
Marco Oreiro e Iago Canosa en Irun

Non foi a de Irún unha competición considerable normal, nin polo desenrolo da mesma, tan afectada polo vento que levou ata a súa suspensión, e incluso a súa posible anulación polo acontecido coas portas, que se desplazaron con vento, provocando que os últimos participantes tivesen un percorrido totalmente diferente o dos primeiros, nin a nivel dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, que pola razón que sexa non rendiron ó nivel o que en condicións normais deberían de facelo.

Pero en todo desastre, do que non podemos culpar ó clube organizador, a SD Santiagotarrak que leva anos organizando esta proba sin apenas contratempos, e que nos tratan os clubes que acoden á proba coma auténticos anfitrións de luxo, afloraron dous deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, que están demostrando unha gran madurez a hora de competir. Iago Canosa e Marco Oreiro acadaron non só meter ó noso clube no medalleiro grazas a un fantastico terceiro posto no C2 xuvenil, se non que nas súas competicións individuais acadaron uns fantasticos quinto e sexto posto en preliminares, vendose seguramente perxudicados polo feito de verse suspendida a competición despois desa ronda, e non haberse podido disputar as rondas finais.

En canto o resto da participación dumbriesa, foi bastante decepcionante, empezando por Kiara Martinez que non foi quen de superar os nervos, que a atenazaron durante toda a competición. Antía Loira foi penalizada por saltarse unha porta e tamén quedou fora, nunha actuación similar a de Javier Trigo. Aarón Rey fixo unha proba bastante boa, pero por apenas medio segundo non foi quen de colarse nas rondas finais.

Polo menos as boas novas son os novos palistas, Jorge Quintáns e Lorena Costa, que acudiron a Irún para participar coma abridores, e que demostraron que os seus podium na copa autonomica de Tomiño non son fruto da casualidade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios