3ª Autonómica: As tres loitas seguen abertas co IDC intratable
Segue a loita polo liderato e máis pola 2ª praza de ascenso directo moi abertas. Igual que a loita por entrar na promoción que cada semana nos depara algo novo.
Por arriba, ningún dos 3 fallou, e se ben parece que o Independiente está un punto por riba (ou 6, mellor dito) e xa leva 7 vitorias consecutivas, Camelle e Porteño tampouco fallaron e loitarán polo liderato, pero sobre todo, por esa segunda praza.
Na promoción, o Soneira B volvía dar outro paso de xigante, vencendo ao Corcoesto, e o Cerqueda recuperou as boas sensacións e venceu pola mínima ao Coristanco, ampliando a renda sobre o 7º. Unha 7ª praza agora en poder do Laxe, que queda a só un punto do Ameixenda, 6º a pesar da derrota ante o líder.
Pola mínima tamén gañou o Lira en Baíñas, nun choque clave por ver quen se pode meter na liorta. Os vimianceses quedan co Nantón, Muxía e Alcaián nunha posición algo retrasada, pero dos que non se pode descartar que unha boa racha os meta de novo na loita.
Ameixenda - Indep. Carballo (1-4)
- AXEIXENDA: Sergio, Álvaro, Javichu (Grille, min.80), Alex, Bichiño, Mateo (Jorge, min.70), Borja, Alberto (Demetrio, min.80), Rioliño, Jesús, Javier.
- IDC: Noe, Jonatan (Efrén, min.43), Brais (Dani Rosalía, min.46), Castro, Scott(Moreno, min.50), Carlos, Cholo, Ivi (Adrián, min.80), Velo (Benítez, min.60), Juni e Mario.
- Goles: 0-1, min.15: Juni; 0-2, min.20: Juni; 0-3, min.30: Juni; 1-3, min.60: Alex; 1-4, min.75: Cholo.
- Expulsións: os locais Alex e Javier no min.65.
Laxe - Xaviña (6-1)
- LAXE: Diego, Samuel, López, Pailos (Naya, min.70), Saleta, Gora, Borja, Felipe (Mandi, min.70), Zurich, Roi (Ventura, min.46), Carrabete.
- XAVIÑA: Moro, Rodrigo, Esteban, Ángel, Pekenao (Felipe, min.60), Ghallegho (Lalá, min.80), Pirucho, Martelo (Elvis, min.75), Gatusso, Correos, Dani.
- Goles: 1-0, min.10: Carrabete; 2-0, min.30: Felipe; 3-0, min.35: Carrabete; 4-0, min.55: Zurich; 5-0, min.65: Samuel de penalti; 6-0, min.80: Zurich; 6-1, min.89: Gatusso, de penalti.
Castrelo - Camelle (1-3)
- CASTRELO: Iván, Mario, Felipe, Marcos, Estebo, Litos, Conexo, Edreira, Gus, Germán, Jota.
- CAMELLE: Porrúa, Matías, Baliña, Manuel, Adrián Pasantes, René, Miguel, Tedín (Tajes, min.65), Javi, Jose (Guri, min.75), Barreiro.
- Goles: 1-0, min.60: Germán tras un córner; 1-1, min.67: Baliña; 1-2, min.76: Tajes; 1-3, min.93: Barreiro.
Baíñas - Lira (0-1)
- BAÍÑAS: Damián, Simón, Sergio, Luís (Sancho, min.60), Susiño, Iván (Fernandito, min.15), Mario, Cris (Dani, min.70), Esteban, Styven (Diego, min.75), Taski.
- LIRA: Andrés. Santi (Angel, min.80), Fran de Muros, Javier de Milucha (Xabi, min.85), Herminio, José Ramón (Germán, min.75), Miguel do Caracho, Iago, Oliver, Suso Perico, Fran Perico.
- Gol: 0-1, min.70: Suso Perico cun golazo dende 30 metros tras un rexeite pola escuadro.
- Lesións: Os locais Iván e Luís e os visitantes José Ramón, Santi e Javier de Milucha.
- Expulsións: O adestrador local Pato tras protestar varias pequenas accións; e máis o xogador do Baíñas Dani (min.80).
Porteño - Muxía (3-0)
- PORTEÑO: Pablo, Pejo, Sestayo, Maikol, Óscar, Iago, Mario Toja (Brais, min.85), David Toja, Cousillas (Parga, min.80), Yuyo (Gabi, min.55), Ismael.
- MUXÍA: Ángel Luís, Luís Romaní, Martinciño (Julián, min.46), Ángel, Currás, Santi Papi (Casais, min.46), Pataca (Pardelo, min.46), Macareno, Juan do Coral, Dimas, Iván Lagoa.
- Goles: 1-0, min.5: Pejo; 2-0, min.12: Ismael de chilena tras controlar de costas co peito un balón alto; 3-0, min.40: Yuyo.
- Lesión: o local Yuyo.
Coristanco - Cerqueda (0-1)
- CORISTANCO: Fredi, Rubén, Jonathan, Juan, Navarro, Torreira, Magovi (Alexis, min.60), Cancela, Gonzalo, Adrián, Sergio.
- CERQUEDA: Rubén, Pablo, Javi, Santi, Ato, Dani, Manu (Juanjo, min.46), Javi Pazos (Maikel, min.90), Lorenzo (Iván, Cances, min.87), You (Iván Ponte, min.60), Dieguito.
- Gol: 0-1, min.20: Diego cunha falta lateral que se coou polo primeiro pao.
Soneira B - Corcoesto (4-0)
- SONEIRA B: Martin, Chans, Alberto, Chuchi, Pichón, Canosa, Quilmes, Richi (Basti,m in.75), Figueroa, Chino (Jemisa, min.70) e Wii (Félix, min.75)
- CORCOESTO: Anxo, Sergio, Edelmiro, Germán, Ángel (Pablo, min.75), Luís, Xabi (Uru, min.65), Javi (Héctor, min.60) Martín, Josiño, Pichuco.
- Goles: 1-0, min.60: Alberto de cabeza a un córner; 2-0, min.70: Quilmes de cabeza noutro córner; 3-0, min.80: Quilmes de volea no segundo a un novo córner; 4-0, min.88: Basti.
- Expulsións: o local Canosa (min.50) e o visitante Martín por vermella directa (min.65).
- Lesión: o visitante Rodri no quecemento.
Máis información
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Cee e Baio recortan sufrindo.
- 1ª Autonómica: Empate no derbi e vital vitoria do Camariñas.
- Preferente: Cerocerismo.
- Resultados da xornada previa á Semana Santa con sabor a derbi.
Artigos relacionados
- A Organización da Liga Intermunicipios de Bergantiños dá a súa visión.
- Semanas de Maratóns.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2013.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).