mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª Autonómica: Cee e Baio recortan sufrindo

2ª Autonómica: Cee e Baio recortan sufrindo
Buno-Esteirana-Foto-Wash-Calvo ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Dous puntos menos, e son 4, os que ten de vantaxe a Esteirana sobre Baio e Cee. O líder non pasaba do empate en Xaviña ante un gran Buño, mentres que Cee e Baio sufrían, pero sacaban adiante os seus partidos pola mínima ante San Lorenzo e Cabana.

A derrota do Cabana déixao en problemas, ao igual que o Mazaricos que voltaba de baleiro de Castriz. Ademais, o Outes, vía como o Zas lle roubaba ous 3 puntos nos últimos intres e tamén quedan pendente dos posibles arrastres dos 3 equipos da Costa en apuros na 1ª.

A xornada, como non, tiña o ollo en Miraflores, co sempre fermoso derbi muradán entre Volantes e Muros, que remataba en táboas. Ollo ten que ter o Volantes se non quere verse metido en problemas.


Buño - Esteirana (0-0)

Buno-Esteirana-Foto-Wash-Calvo
  • BUÑO: Toni, Ángel, Diego (Alfredo,, min. 65), Secundino, Eloy, Jorge, Mauri, Dourado (Miguel,, min.55), Juan (Gurita,, min.68), Dani (Emilio,, min. 60), Víctor.
  • ESTEIRANA: Ramón, Simón, Damián Suizo (Alberto,, min. 80), Dani Rama, Fran Maceiras, Kike (Uru,, min. 60), Álex, Pablo Serrano, Picho (Iago,, min.70), Pepiño, Adelino.

Partido moi bonito de ver con dous rivales que xogaron un fútbol moi alegre. Os mellores sobre o céspede de Xaviña foron os dous porteiros porque ocasións para mover o marcador houbo para os dous lados, se cadra mesmo algunha máis para un Buño que non se amilanou ante a chegada do líder.

Contra o final a Esteirana pediu un penalti que ol coexiado non viu, permitindo así que o Buño salde o seu paso contra os de arriba con grandes resultados tral0 2-3 da semana pasada en Baio, dando un paso moi grande cara a salvación.

Buno-Esteirana-Foto-Wash-Calvo

Sofán - Montelouro (4-0)

Sofan-Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • SOFÁN: Dani, Marcos, Lista, Gustavo (Jacobo, min.61), Cantudo, David Pensado (Santi, min.55), Míchel, Eloy Boedo, Iván Rojo, Suso Docampo, Abel.
  • MONTELOURO: Pedro de García, Isma, Bolo, Pablo, Álvaro, Chema, Denis, Dani Sahorta, Pesco, Geiko, Raúl.
  • Goles: 1-0, min.50: Abel; 2-0, min.65: Cantudo; 3-0, min.70: Suso Docampo; 4-0, min.80: Suso Docampo.

Non foi tan fácil a vitoria do Sofán ante o Montelouro. Os loureáns, con Pedro de García baixo paos, presentábase en cadro no Carral, e malia aguantar ordenados toda a primeira metade, sen recibir gol e mesmo saíndo nalgunha contra, vían como o partido se lle escapaba na segunda metade ante a eficacia de Abel, o recentemente fichado Cantudo e Suso Docampo, que volve con gañas de gol.

Sofan-Montelouro-Foto- Edu Olveira

Cabana - Baio (0-1)

  • CABANA: Añón, Eloy, Pazos, Marcos, Iván de Treos, Pepe, Rubén (Mario, min.56), Sandro (Posiño, min.66), Iván Mato (Dani, min.70), Adao (Berti, min.70), Fernando (Jose, min.80).
  • BAIO: Anxo, Jose Antonio (Jorge, min.73), Fredi, Mario, Eloy, Norberto, Martín, Chucho (Cristian, min.55), Rubio (Fachal, min.66), Alberto (Ramón, min.92), MC.
  • Gol: 0-1, min.92: Jorge.
  • Expulsión: Raúl Periscal, entrenador do Cabana.

Ata o último suspiro non certificou a súa vitoria o Baio nas Redondas nun choque disputado ás 12:30. Non se fixo patente no campo a diferencia na clasificación e o Cabana puxo contra as cordas ao Baio durante moitos minutos. Os de Felix souberon aguantar as embestidas locais e aguantou ata atopar o seu espazo. Chegaba co tempo cumplido, cando Jorge gañaba en velocidade ás costas dunha defensa cabanesa que non se pode permitir perder un punto así nos últimos segundos.


Cee - San Lorenzo (1-0)

  • CEE: Paulo, Nico, Jorgito, Aitor, Dani Freire, Fermín (Angeliño, min.60), Serginho (Rubén Yayá, min.88), Diego Cespón, Carlos Leis, Llanero, Penedo (Tebo, min.88)
  • SAN LORENZO: Puyol, David (Álex, min.87), Adrián Varela, Casillero, Anxo, Robin, Javi Pensado (Pedro, min.77), Chucho (Bolón, min.86), Eloy (Adonis, min.46), Fuentefría, Carliños.
  • Gol: 1-0, min.25: Llanero a centro de Nico.

Sufríu o Cee para levar o partido ante un San Lorenzo tan serio coma sempre. O Cee tivo o peso do balón case todo o partido pero apenas puido superar a defensa e crear perigo nun par de ocasións. Foi na primeira cando o Cee tivo as mellores ocasións pois ademais do gol de Llanero, que segue deixando constancia da sua calidade, dúas xogadas de Penedo e unha peiteada de Dani Freire que sae lambendo o pao.

Na segunda apenas houbo ocasións, cun San Lorenzo moi armado e un Cee sen correr riscos. Tivo Chucho o empate pero parou o porteiro cadete Paulo, que ao igual que o xuvenil Aitor, debutaban, e da partida, nas filas do UC Cee.


Corcubión - Dumbría B (3-4)

  • CORCUBIÓN: Abelleira, Alán, Senra, Lema, Antón Trillo (Marquiños, min.46), Sebas, Edu, Antón Lestón (Javi, min.70), Cristian, Mario (Abraham, min.83), David de Muxía.
  • DUMBRÍA B: Denis, Pereira, Tati, Jesús da Anchoa, Lucho (Fresa, min.55), Rivas (Isra, min.70), Toja, Riki, Josiño, Bruno, Rodri (Kevin, min.60).
  • Goles: 0-1, min.5: Rodri; 0-2, min.10: Rivas; 0-3, min.25: Bruno; 0-4, min.38: Josiño; 1-4, min.44: Lema; 2-4, min.70: Cristian; 3-4, min.90: Lema.

Saíu durmido o Corcubión, se cadra polos problemas nos despachos, e en 40 minutos o pechacancelas xa levaba 4 goles. Un Dumbría B que levaba dende o choque da primeira volta ante o propio Corcubión sen sumar un só punto. Así, dos 9 puntos do filial dumbriés, xa descendo, 6 son ante o equipo blanquiazul.

Lema recurtaba para os de Manolín antes do descanso e malia que na segunda intentaron a remontada, o 3º gol, que o podería ter metido no partido, non chegou ata o minuto 90.


Carnota - Corme (2-2)

Carnota-Corme-Foto-JOrge Parri
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Manolo Chouza, David, Pablo de Pichín, Pedro de Pichín, Boni (Jacobo, min.60), Pablo Beiro, Martín (Iván, min.70), Joselu (Urko, min.85), Rodri (Pumuky, min.36), Nakata (Buonanotte, min.55).
  • CORME: Javi, Adolfo, Dani, Jesús, Pandi, Manu (Joshua, min.55), Brais, Adrián Doldán, Alejo (Abel, min.62), Lucas, Juan Chans.
  • Goles: 0-1, min.43: Alejo, de penalti; 1-1, min.52: Pedro de Pichín de cabeza; 2-1, min.57: Joselu; 2-2, min.92: Lucas de falta.
  • Expulsión: o local Pumuky (min.90).

Salvou o Corme un punto de Lombáns no tempo de desconto, cando o Carnota parecía sumar unha vitoria que lle daba un bo colchón. E iso que os de Cambeiro foron capaces de repoñerse ao gol, ao fío do descanso, de Alejo tras un fourxo penalti cometido sobre el mesmo.

Na segunda, comandados polo capi Pedro de Pichín, o Carnota veuse arriba e Joselu fixo notar a súa volta con 2-1. Pero Lucas, cun pouco de sorte, asinaba o empate cando o partido esmorecía.

Alejo celebra o seu tanto no Carnota-Corme-Foto- Jorge Parri

Castriz - Mazaricos (2-0)

Castriz-Mazaricos-Foto- Sara Ramos
  • CASTRIZ: Toño, Prego, Martín, Pepe, Agra, Pose, Mata (Iván, min.85), Luis, Rubén (Muni, min.60), Roberto, Sebas.
  • MAZARICOS: Juan, Chico (Casais, min.80), Tubi, Matías, Rodri (Molinos, min.80), Martín (Ramón, min.50), Esteban, Estéfano, Brais, Cristian, José Ángel (Aldo, min.50).
  • Goles: 1-0, min.75: de cabeza tras unha falta lateral; 2-0, min.80: Sebas de falta directa.

Choque con moi poucas ocasións nun partido de moita máis brega que fútbol, cun Castriz algo máis acertado cara gol. O Mazaricos non daba moito e acabou sucumbindo nos últimos 15 minutos de acerto local a balón parado.


Outes - Zas (2-3)

  • OUTES: Gato, Borja, Damián, Artur, Chúa, Mario (Ángel, min.75), Martín, Poke (Fanio, min.60), Michi (Elías), Deivi, Quin (Mighi, min.46).
  • ZAS: Elías, Amado, Oli, Pereiro, Martín, Jaime (César, min.85), Isma, Peque, Diego, Maril, Pastor.
  • Goles: 1-0, min.55: Mighi; 1-1, min.60: Mario; 2-1, min.62: Chúa de córner; 2-2, min.80: Pastor; 2-3, min.88: en propia.

Rouboulle o Zas nos últimos intres os 3 puntos ao Outes. E o fixo tras unha primeira metade sosa e unha segunda na que houbo de todo o que faltou na primeira. Non foi un choque vistoso, non xogaron demasiado nin locais nin visitantes, pero estivo con tensión ata o final. Foi moi igualado e o máis acertado levou os puntos nun partido no que os 5 goles chegaron a balón parado.

Soubo aguantar e remontar o partido un Zas que estivo mellor por arriba, máis fortes, e que se aproveitou da debilidade defensiva por alto dos da Serra.


Volantes - Muros (1-1)

Volantes-Muros-Foto- Gonzalo Sestayo
  • VOLANTES: Rubén Santos, Maikel Perrito, Juan do Sivil (Fran do Español, min.74), David, Josiño, Nimo, Mingos, Adrián (Bolero, min.83), Seluco (Javi de Baño, min.90), Ivi (Pardelo, min.70), Chenel.
  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, Pedro de Paky (Pedro de Nieto, min.60), Teo, David, Lisardo, Gelo (Jesús, min.68), Dani Corniños, Manu Dosil, Saúl (Pulpo, min.82), Sexo.
  • Goles: 1-0, min.80: Seluco de falta; 1-1, min.92: Jesús.
  • Expulsións: os muradáns Lisardo (min.70) e David (min.80).
Ambiente de luxo en Miraflores para o derbi Volantes-Muros-Foto-Quin Muros

Sempre bonito o derbi muradán entre laranxas e celestes. As bancadas de Miraflores volveron vivir unha tarde de fútbol mesmo con botes de fume dos que non gustan nada na Federación. E hai que dicir que o partido tivo tamén polémica.

Así e todo non foi o mellor partido, como soe acontecer nos derbis, e apenas houbo ocasións e xogo. Chegaba o Muros con 4 vitorias en 5 derbis entre os 4 equipos muradáns este curso, mentres que os laranxas sumaban o seu primeiro punto noutros tantos encontros.

Os goles non chegaron ata o final cando Seluco, a ritmo de Zumba, asinaba un bello tanto de falta. Pero xa co tempo cumplido, Jesús Cucharilla sacaba un zambonbazo para igualar a contenda.

Volantes-Muros-Foto- Gonzalo Sestayo

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Colabora UC Cee.

Comentarios