mércores. 30.04.2025
El tiempo

3ª Autonómica: As tres loitas seguen abertas co IDC intratable

3ª Autonómica: As tres loitas seguen abertas co IDC intratable

Segue a loita polo liderato e máis pola 2ª praza de ascenso directo moi abertas. Igual que a loita por entrar na promoción que cada semana nos depara algo novo.

Por arriba, ningún dos 3 fallou, e se ben parece que o Independiente está un punto por riba (ou 6, mellor dito) e xa leva 7 vitorias consecutivas, Camelle e Porteño tampouco fallaron e loitarán polo liderato, pero sobre todo, por esa segunda praza.

Na promoción, o Soneira B volvía dar outro paso de xigante, vencendo ao Corcoesto, e o Cerqueda recuperou as boas sensacións e venceu pola mínima ao Coristanco, ampliando a renda sobre o 7º. Unha 7ª praza agora en poder do Laxe, que queda a só un punto do Ameixenda, 6º a pesar da derrota ante o líder.
Pola mínima tamén gañou o Lira en Baíñas, nun choque clave por ver quen se pode meter na liorta. Os vimianceses quedan co Nantón, Muxía e Alcaián nunha posición algo retrasada, pero dos que non se pode descartar que unha boa racha os meta de novo na loita.

Ameixenda - Indep. Carballo (1-4)

O IDC segue lider tras vencer ao Ameixenda-Foto- Jorge Parri
  • AXEIXENDA: Sergio, Álvaro, Javichu (Grille, min.80), Alex, Bichiño, Mateo (Jorge, min.70), Borja, Alberto (Demetrio, min.80), Rioliño, Jesús, Javier.
O Independiente Carballo, líder da 3ª Autonómica-Foto- Jorge Parri
  • IDC: Noe, Jonatan (Efrén, min.43), Brais (Dani Rosalía, min.46), Castro, Scott(Moreno, min.50), Carlos, Cholo, Ivi (Adrián, min.80), Velo (Benítez, min.60), Juni e Mario.
  • Goles: 0-1, min.15: Juni; 0-2, min.20: Juni; 0-3, min.30: Juni; 1-3, min.60: Alex; 1-4, min.75: Cholo.
  • Expulsións: os locais Alex e Javier no min.65.
7 vitorias seguidas do IDC que leva sen perder dende a xornada 13. Os de Da Silva superaron unha nova proba ante un Ameixenda que saíu moi forte. Pero Juni estivo impecable, e en 3 xogadas sentenciou o partido. Na segunda os locais foron arriba e ao IDC tocoulle nadar e gardala roupa. Parecía que se metían no partido os locais co gol de Alex pero as dúas expulsión sentenciaríano. Ivi e Benítez avisaron e Cholo sentenciaba. O IDC segue líder na 3ª tras superar ao Ameixenda en Cee-Foto- Jorge Parri

Laxe - Xaviña (6-1)

  • LAXE: Diego, Samuel, López, Pailos (Naya, min.70), Saleta, Gora, Borja, Felipe (Mandi, min.70), Zurich, Roi (Ventura, min.46), Carrabete.
  • XAVIÑA: Moro, Rodrigo, Esteban, Ángel, Pekenao (Felipe, min.60), Ghallegho (Lalá, min.80), Pirucho, Martelo (Elvis, min.75), Gatusso, Correos, Dani.
  • Goles: 1-0, min.10: Carrabete; 2-0, min.30: Felipe; 3-0, min.35: Carrabete; 4-0, min.55: Zurich; 5-0, min.65: Samuel de penalti; 6-0, min.80: Zurich; 6-1, min.89: Gatusso, de penalti.
Fácil choque para o Laxe que se mete aí na pomada. Os locais estiveron moi acertados cara gol, e demostraron estar moito mellor fisicamente cun Gora espectacular no centro do campo que ademais fai mellores aos seus compañeiros con todo o seu traballo. Os vistantantes marraron un par de boas ocasións por medio de Pirucho e Felipe, pero os locais non fallaban e ao descanso o partido xa estaba sentenciado con 3-0.

Castrelo - Camelle (1-3)

  • CASTRELO: Iván, Mario, Felipe, Marcos, Estebo, Litos, Conexo, Edreira, Gus, Germán, Jota.
  • CAMELLE: Porrúa, Matías, Baliña, Manuel, Adrián Pasantes, René, Miguel, Tedín (Tajes, min.65), Javi, Jose (Guri, min.75), Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.60: Germán tras un córner; 1-1, min.67: Baliña; 1-2, min.76: Tajes; 1-3, min.93: Barreiro.
Aguantou ben o Castrelo pero demasiado Camelle para o debutante Primeiro tempo controlando, pero Barreiro, que voltaba dunha lesión, non estivo acertado. E non respostaba o Camelle ata que marcou o gol o cadro local, que xogou media hora boa no último treiro. Baliña, Tajes e Barreiro acabaron co partido.

Baíñas - Lira (0-1)

Imaxe do Baíñas - Lira
  • BAÍÑAS: Damián, Simón, Sergio, Luís (Sancho, min.60), Susiño, Iván (Fernandito, min.15), Mario, Cris (Dani, min.70), Esteban, Styven (Diego, min.75), Taski.
  • LIRA: Andrés. Santi (Angel, min.80), Fran de Muros, Javier de Milucha (Xabi, min.85), Herminio, José Ramón (Germán, min.75), Miguel do Caracho, Iago, Oliver, Suso Perico, Fran Perico.
  • Gol: 0-1, min.70: Suso Perico cun golazo dende 30 metros tras un rexeite pola escuadro.
  • Lesións: Os locais Iván e Luís e os visitantes José Ramón, Santi e Javier de Milucha.
  • Expulsións: O adestrador local Pato tras protestar varias pequenas accións; e máis o xogador do Baíñas Dani (min.80).
Mal partido do Baíñas, que tras facer un partidazo en Carballo, fallaba no choque vital para as súas aspiracións. Saíu todo mal no bando local, con fallos defensivos graves, sendo Damián o mellor da primeira, e con lesións e unha arbitraxe complexa, aínda por riba, que fixo que os locais perderan un pouco os papeis. Apenas un par de balóns sacados dende atrás con criterio e 3 ocasións de Cris e de Tasky, que estivo moi só arriba ante a baixa de Yanki que segue recuperándose dun accidente de tráfico da semana pasada. Mentres, o Lira métese de cheo na loita pola promoción tras sumar a súa 3ª vitoria consecutiva. As altas están facendo o seu efecto en Lira e os de Javier están no mellor momento da tempada. Os Óliver, Fran Perico e Suso Perico avisaban nas primeira ao principio facendo do lixeiro dominio visitante. E tras unha primeira metade moi loitada o gol chegaba cun chutazo de Suso Perico dende máis de 30 metros pola escuadra. Contra o final os locais meteron atrás aos lirachos pero non foron quen de superar a Andrés.

Porteño - Muxía (3-0)

  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Sestayo, Maikol, Óscar, Iago, Mario Toja (Brais, min.85), David Toja, Cousillas (Parga, min.80), Yuyo (Gabi, min.55), Ismael.
  • MUXÍA: Ángel Luís, Luís Romaní, Martinciño (Julián, min.46), Ángel, Currás, Santi Papi (Casais, min.46), Pataca (Pardelo, min.46), Macareno, Juan do Coral, Dimas, Iván Lagoa.
  • Goles: 1-0, min.5: Pejo; 2-0, min.12: Ismael de chilena tras controlar de costas co peito un balón alto; 3-0, min.40: Yuyo.
  • Lesión: o local Yuyo.
Partido moi aberto, máis vistoso para o espectador que ben xogado para os adestradores. Comezaba co obsequio do clube muxián ao porteiro Ángel Luís. Pero foi un Mal partido do Muxía que se deixou dominar no medio campo sobre todo na primeira metade. Houbo ocasións para os dous bandos, pero o Porteño que o que máis atinou e nos primeiros 15 minutos xa se puña 2-0 o marcador, cun auténtico golazo deses que estarían na 1ª División unha semana enteira, o de Ismael emulando a Rivaldo controlando de peito de costas á portería dende a frontal, e lanzando unha chilena á que non chegou un estático Ángel Luís. Na segunda mellorou o Muxía, e ata unha al longueiro de Iván Lagoa e outra que parou Pablo, pero non entraron e non se meteron no partido.

Coristanco - Cerqueda (0-1)

  • CORISTANCO: Fredi, Rubén, Jonathan, Juan, Navarro, Torreira, Magovi (Alexis, min.60), Cancela, Gonzalo, Adrián, Sergio.
  • CERQUEDA: Rubén, Pablo, Javi, Santi, Ato, Dani, Manu (Juanjo, min.46), Javi Pazos (Maikel, min.90), Lorenzo (Iván, Cances, min.87), You (Iván Ponte, min.60), Dieguito.
  • Gol: 0-1, min.20: Diego cunha falta lateral que se coou polo primeiro pao.
Un empate sería máis xusto entre un Coristanco que deu a cara a pesar das baixas, e un Cerqueda que recuperou boas sensacións se repón dunha xeira malísima, pois levala 5 xornadas sen gañar. Todo nun campo pequeno que obrigaba un choque de moito contacto. O Cerqueda tivo máis o balón nos pés pero sen crear demasiado perigom cunha boa ocasión de Dieguito só diante do porteiro. O gol chegaba cunha falta lateral que sorprendía a Fredi polo primiero pao. Intentou responder o Coristanco pero Sergio mandou un tiro pegado á cepa do poste para o de Rochi na primeira. Nos últimos minutos o Coristanco veuse algo arriba e Alexis mandou unha falta ao travesaño, na mellor ocasións para os visitantes.

Soneira B - Corcoesto (4-0)

Soneira B-Corcoesto
  • SONEIRA B: Martin, Chans, Alberto, Chuchi, Pichón, Canosa, Quilmes, Richi (Basti,m in.75), Figueroa, Chino (Jemisa, min.70) e Wii (Félix, min.75)
  • CORCOESTO: Anxo, Sergio, Edelmiro, Germán, Ángel (Pablo, min.75), Luís, Xabi (Uru, min.65), Javi (Héctor, min.60) Martín, Josiño, Pichuco.
  • Goles: 1-0, min.60: Alberto de cabeza a un córner; 2-0, min.70: Quilmes de cabeza noutro córner; 3-0, min.80: Quilmes de volea no segundo a un novo córner; 4-0, min.88: Basti.
  • Expulsións: o local Canosa (min.50) e o visitante Martín por vermella directa (min.65).
  • Lesión: o visitante Rodri no quecemento.
Resultado máis abultado do que foi o partido. I é que o Corcoesto aguantou unha hora de xogo pero, con 10, se lle fixo moi grande e o filial estivo mellor fisicamente. Na primeira metade tivo o Corcoesto dúas ocasións boas para adiantarse, pero Josiño fallou tras regatear ao porteiro, Javi centrou sen porteiro pero non chegou ninguén, e Pichuco rematou frouxo. Tamén fallou o Soneira B por medio de Wii, Richi e Quilmes. Abriuse o partido co primeiro gol de Alberto á saída dun córner, e de feito, os 3 primeiros chegarían a balón parado ante a pasividade da defensa cabanesa. Quilmes ampliaba a renda e Basti, xa contra o final, puña a guinda dun partido que segue deixando ao Soneira B cun pé na promoción.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios