Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A previa: a atención posta en Dumbría e Muros

A previa: a atención posta en Dumbría e Muros
Vaia dous derbis se aveciñan esta fin de semana. En Preferente Norte, Dumbría e Xallas xóganse máis que tres puntos, nun encontro de rivalidade forte nos últimos anos, e que se encontra a un Dumbría necesitado de puntos e a un Xallas non moi sobrado tampouco. Será o debut de Pesco no Conco despois dese partido para olvidar en As Pontes. Os de Néstor chegan moi fortes, cun equipo cada vez máis sólido e recuperando lesionados, o que os fai un equipo moi perigoso. E en Muros, para que falar. Muros e Volantes chocarán no Eleuterio Balayo, e media liga quedará sentenciada se gaña o Muros, ou aberta se o fai o Volantes. Dende logo as dúas citas son para non perdelas¡ O resto da xornada non lle vai á zaga en canto a emoción e interese. En Preferente Norte o Sofán recibe a un As Pontes lanzado, pero tentarán resarcirse da goleada recibida na 1ª volta. En 1ª Galicia, as citas xa empezan a ser definitivas. O noso representante mellor colocado, o Soneira, viaxa a Cordeiro coa intención de traer os puntos e acercarse máis á cabeza. O Baio, nunha mala xeira de resultados sobre todo fora da casa, recibe ó potente Flavia, e pretende facer do Platas Reinoso un fortín para acercarse á permanencia. O Fisterra viaxa a Sigüeiro e o San Lorenzo a Piloño coa consigna de non deixar escapar máis oportunidades de sumar, pois o tempo agora vaise acabando e as xornadas cada vez pesan máis. Dureza, incomodidade, e dificultades altas na 1ª Galicia, unha liga máis difícil do que parece. Na Liga da Costa, a cousa está que xa queima. Tanto na loita polo título, que parece abrirse por momentos, como na incrible igualdade que hai para evitar o descenso, os equipos son conscientes do curta que é a liga este ano e do importante que é sumar e non deixar sumar ó rival. Por iso os partidos están a  ser a cara de can, e así seguirá ata o final. Por arriba, o Mazaricos, todavía líder, recibe ó Muxía. Os perseguidores Esteirana e Corme xogan contra Cee e Malpica, en partidos trampa con desenlace incerto. Baíñas co Zas e Puenteceso co Lira teñen citas nas que non poden fallar se queren seguir optando ó campionato, pero os rivais están apurados e son equipos de cuidado, con xeiras moi positivas ultimamente. Por abaixo, o Coristanco - Monte Louro, o Camariñas - Cerqueda e o Buño - Outes teñen dramatismo incorporado, e os nervios e a presión seguro que aparecen neses campos. O equipo que esté máis tranquilo e sepa rentabilizar as súas virtudes ten as de gañar. Na 3ª Galicia o derbi muradán centra todas as miradas. Pero ollo, porque dependendo do resultado deste partido os grandes beneficiados poden ser outros. Cabana, Ameixenda, Nantón e Camelle estarán con todo posto en vencer e aproveitarse dun pinchazo seguro de algún dos dous equipos de arriba. A 3ª non nos decepciona nunca en canto a emoción¡¡¡ Imaxe do Muros-Volantes-Foto-Manuel Caamaño Imaxe do Muros-Volantes-Foto-Manuel Caamaño

Comentarios