Dumbría acolle por primeira vez a copa de España de Slalom

Entre os días 19 e 20 de xullo o campo de slalom de O Couquiño, en Dumbría, recibirá por primeira vez unha competición da máxima categoría da Liga Nacional de Slalom. A proba será selectiva para o equipo nacional que acudirá ós campionatos do mundo de Slalom e os campionatos de Europa Junior e Sub23.
A proba dumbriesa será a cuarta do calendario, despois das que acollerán as vilas de Mondariz, La Seu e Pau, en Francia. Ademáis da presencia das e dos principais protagonistas da modalidade en España, tamén se espera a presencia do equipo nacional Portugués, habitual nestas competicións e que tamén as utiliza para definir o equipo que os representa nivel internacional.
Outras competicións no río Xallas
Dumbría tamén acollerá a primeira proba da Copa de España de Promesas do Slalom entre os días 17 e 19 de maio. E a estas importantes competicións, se suman as habituais de nivel autonómico, entre as que destacan o Campionato Galego de Slalom e a Copa de Galega de Promoción.
Dende o CDM Piragüismo Dumbría sinalan que a concesión destas competicións "son a proba de que o campo de slalom de O Couquiño ten unhas condicións espectaculares para esta modalidade olímpica, e de que o nivel organizativo está á altura da confianza tanto da Federación Española coma da Federación Galega da modalidade". Dende o concello dumbriés e o Club insisten en que este campo de slalom sería unha oportunidade económica para a comarca e para o deporte galego, cuxos deportistas se ven na obriga de ter que deplazarse para entrenar esta modalidade.
Novas relacionadas
- Agosto 19: Martín Fernández Romar, doble medalla nos Campionatos de España de Slalom infantil.
- Agosto 19: Iago Canosa Subcampión de España sub23 de piragüismo.
- Brais Sánchez Cancela e Martín Fernández Romar rozaron as finais en Sort.
- Dumbría volveu reclamar á Xunta un Campo de Slalom oficial na Copa de España de Novas Promesas.
- Clubs de toda Galicia reivindicaron en Dumbría un Campo de Slalom no Xallas.
- Dumbría pide a creación dunha canle de slalom no Couquiño acollendo a Copa Galega.