A Previa: o Baio recibe ó líder, derbi muradán no Eleuterio Balayo
         28 de setembro de 2018 (12:26 h.)
      
    
              Temos nas portas unha nova xornada de liga, con moitos focos de interés neste noso fútbol costeiro, pendentes da reunión de fútbol 8 do luns onde se pode por fin artellar un futuro coherente para os nosos máis pequenos. E nos senior, moitos campos para ir ver bo fútbol. Un deles será o Platas Reinoso, onde o Baio, que iniciou a competición moi sólido, pon a proba a un invicto Sigüeiro, máximo candidato ó título en 1ª Galicia. Falamos co seu adestrado Pablo Torreiro que nos contou isto: