Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Previa: o Baio recibe ó líder, derbi muradán no Eleuterio Balayo

A Previa: o Baio recibe ó líder, derbi muradán no Eleuterio Balayo
Temos nas portas unha nova xornada de liga, con moitos focos de interés neste noso fútbol costeiro, pendentes da reunión de fútbol 8 do luns onde se pode por fin artellar un futuro coherente para os nosos máis pequenos. E nos senior, moitos campos para ir ver bo fútbol. Un deles será o Platas Reinoso, onde o Baio, que iniciou a competición moi sólido, pon a proba a un invicto Sigüeiro, máximo candidato ó título en 1ª Galicia. Falamos co seu adestrado Pablo Torreiro que nos contou isto: QPC - Que tal está a ser o arranque de liga en Baio? O nivel de traballo do equipo está sendo moi bo durante a semana por parte de tódolos xogadores, pero é certo que temos que melloralo nivel de xogo. Na primeira parte contra o Piloño puidemos acercarnos máis ó que buscamos, pero temos que ser máis regulares e intentar que ese bo xogo, se vexa durante un maior período de tempo nos partidos. Non podemos queixarnos dos resultados por agora, porque nos dous primeiros partidos non estivemos todo o ben que nos gustaría. O partido de Esclavitude foi unha pequena decepción, sobre todo porque na primeira parte tivemos opcións de ir por diante no marcador e na segunda  sufrimos unha desconexión colectiva que supuxo a primeira derrota. Evidentemente imos perder moitos partidos, pero espero que desa derrota aprendamos a que si regalas unha parte, nesta categoría tan igualada calquer equipo pode gañar. O equipo soubo sobrepoñerse a dúas baixas importantes, como son as de Fachal de larga duración e a de Javi Suárez, que estará fora un tempo máis por unha fractura nun dedo. QPC - O domingo visítavos o líder. Por traxectoria de gran parte dos xogadores que forman a plantilla e por adestrador é o candidato número 1 para gañala Liga. Teñen xogadores moi polivalentes, de categoría superior e un adestrador que sabe aproveitarse moi ben das debilidades do equipo rival. Manexan diferentes sistemas e polo tanto poden plantexar partidos de diferentes formas. Nos intentaremos roubarlle a posesión durante o maior tempo posible. Estou plenamente convencido de que imos a darlles moita guerra e máis aínda na casa co apoio do noso público. É un partido no que non temos nada que perder, pero temos que ter claro, que si queremos sacar algo positivo, teremos que traballar moito como equipo e utilizalas nosas armas. QPC - Como estás a ver a competición? É moi pronto para sacar conclusións ó respecto, como moito hai 2-3 puntos de diferencia entre nós e en canto perdas un ou dous partidos esa situación pode variar. A pesar da clasificación actual a perspectiva non varía, Fisterra, Soneira e Dumbría son tres equipos moi potentes, tanto por plantilla como por presuposto. Por exemplo o Dumbría en Baio foi superior a nós, sobre todo na primeira parte e no seu partido co Esclavitude na casa mereceu ter un resultado diferente, pero ás veces a pelota non entra e non hai que facerlle. Temos que preocuparnos por nós mesmos, seguir traballando como ata o de agora, que aínda que pareza un tópico, cando traballas ben e en equipo os resultados acaban chegando. Seguir sumando pouco a pouco para cumplir o obxectivo da salvación o antes posible. Os outros equipos de 1ª teñen partidos complicados. O Dumbría busca a primeira vitoria ante o Bertamiráns, e Esteirana, Soneira e Fisterra viaxan a campos onde será ben difícil sacar puntos, Práiña, Piloño e Cordeiro. De todas maneiras teñen potencial de sobra os nosos para logralo. En Preferente dous grandes partidos: Xallas - Noia e Sofán - Dubra. O Xallas pretende dar a sorpresa ante un dos grandes favoritos e o Sofán quere facer boa a súa vitoria na Pobra da semana pasada ante o potente Dubra. Na 2ª Galicia, partidazos. O primeiro, ese BAíñas - Muxía que se xogará no Municipal de Vimianzo onde veremos a dous dos outsiders da liga enfrontándose nun choque a cara de can. Non menor é o derbi muradán, entre Volantes e Muros, o ano pasado na 3ª Galicia e este ano xa dando guerra na Liga da Costa. O ambientazo está asegurado. Como terceiro punto de atención temos o derbi Buño - Ponteceso, de moita importancia nas primeiras décadas do fútbol costeiro e que agora ten a dous equipos en dinámicas moi diferentes. Na 3ª Galicia como partido máis importante temos o duelo entre dous recién descendidos, Camariñas - Outes, onde se verá se realmente son candidatos a volver á 2ª, e ese derbi de cercanías de Nantón e Cabana, entre dous conxuntos en boa dinámica no inicio ligueiro. O Corcubión poñerá a proba ó favorito Castriz noutro dos encontros interesantes da semana. Na liga feminina en Carballo recibirán a visita do Touro, e As Miúdas, en franca xeira positiva, viaxa a Arousa a enfrontar ó Chispa onde dirimirán o liderato da categoría. Sorte a tod@s¡¡¡  

Comentarios