Andrea García, ca Selección Galega Junior en Combate

Andrea Garcia, do Club Arte e Movemento A deportista do Club Arte e Movemento, Andrea García (15 anos), foi convocada para participar no Open de España (Alicante) como membro da Selección Galega Junior en Combate. Esta fin de semana pasada desprazarase ó Centro de Tecnifición de Pontevedra para o seu último adestramento coa Selección Galega, antes da competición que se celebra en Alicante, este sabado 24 de marzo. É unha gran oportunidade para a nova deportista, que dende fai un ano comeza a despuntar na Categoría Junior.