![Andrea Garcia do Club Arte e Movemento]()
Andrea Garcia, do Club Arte e Movemento
A deportista do Club Arte e Movemento, Andrea García (15 anos), foi convocada para participar no Open de España (Alicante) como membro da Selección Galega Junior en Combate.
Esta fin de semana pasada desprazarase ó Centro de Tecnifición de Pontevedra para o seu último adestramento coa Selección Galega, antes da competición que se celebra en Alicante, este sabado 24 de marzo.
É unha gran oportunidade para a nova deportista, que dende fai un ano comeza a despuntar na Categoría Junior.