Non descansan os responsables de Cataventos Escola de Vela. Hai unha semana coñeciamos a pioneira Escola de Vela en Corcubión, que aínda ten aberto o prazo de inscrición. Pero xa teñen en marcha unha nova proposta.
I é que o bautismo de mar que realizaron os alumnos de Apem e Aspadez o pasado mes de novembro, ten continuidade. Cataventos, xunto co Club Marítimo Carrumeiro organizan o innovador 1º Curso de Vela Aspadex-Apem 2011.
A actividade dará comezo o martes 18 de xaneiro con Apem e o mércores 19 de xaneiro con Aspadex, son un total de 20 participantes, 10 de cada asociación. A duración do curso é de 3 meses (xaneiro, febreiro e marzo).
Patrocinadores
Este proxecto realízase grazas á colaboración das empresas que xa participaron no anterior proxecto (Encontros a Vela Aspadex/Apem) e a outras novas empresas que se sumaron para participar neste novo proxecto ( 1º curso de Vela Aspadex/Apem): Suministros Lar, Carnicería Antelo, Labralia, E.S Bazarra, Carpintería, Ebanistería Sendón S.L, Marcos Canosa , Hotel Insua, Hotel o Horreo, Hotel As Hortensias, Fuco Corbelle, Centro de Audicións Nordes, Disneria, Madeiras Casais, Cen Cee.