![apem-vela-final-1]()
Pioneira actividade a que se vai desenvolver a partir deste mes de xaneiro en Corcubión.
O Concello de Corcubión aproveita as sinerxias xeradas dende Cataventos Escola de Vela e o Club Marítimo Carrumeiro e crean a primeira Escola de Vela Municipal da bisbarra.
Escola que nace co obxectivo de que
todos os mozos do municipio poidan achegarse ao mar a través de práctica do Deporte da Vela durante todo o ano. I é que non hai que esquecer que somos unha zona con raíces mariñeiras e hai que transmitirllo aos nosos mozos.
Moitas son xa as xentes da bisbarra que se teñen achegado ao mar dende Corcubión.
Proxectos como os de Aspadex e Apem, ou
O Mar na Escola, fan de Cataventos e do Carrumeiro un auténtico polo de atracción mariñeira.
Aquí vemos nos estudios da
radiONeria, a Carlos Pazos, técnico municipal, con Noemí Bermúdez e Marcos Trillo, de Cataventos.
En marcha o proceso de inscrición
A Escola Municipal de Vela do Concello de Corcubión para nenos/as de 7 a
12 anos comezará a funcionar en xaneiro.
As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tamén chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.
Para máis información diríxanse as oficinas municipais ou a Concellería de
Deportes.
Novas relacionadas
Fonte