Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aspadex e Apem culminan o seu encontro coa vela

Aspadex e Apem culminan o seu encontro coa vela
Completouse o I Encontro a vela de Aspadex e Apem, que organiza Clube Marítimo Carrumeiro e de Cataventos Escola de Vela. Un encontro que serve para achegarlles aos usuarios dos centros para discapacitados o mundo do mar a través da vela. Este pasado luns os dous equipos fixeron unha pequena competiciónAlí estaban a directoras de ambos centros e varios dos patrocinadores, entre eles Tatiana Rodríguez de Suministros Lar. Polo equipo de APEM (aquí enriba), e patroneados por Marcos Trillo, responsable de Cataventos, desta volta estaban Rosa, Paco, Marcos, Luis e Benjamín. Noemí Bermúdez, a outra responsable da Escola de Vela viaxaba con Paco, Javi, Tomas, Isi e Jorge como os tripulantes do equipo Aspadex (aquí embaixo). Despois de vestirse e dar unhas nocións teóricas de navegación os barcos saltaron ao aug da ría cunha brisa suave do norte que favoreceu a travesía. Finalmente resultou gañadora a embarcación de Aspadex. O Carrumeiro procedeu á entrega dos diplomas tralo seu bautizo de vela. E todos contentos e un pouco máis preto do mar.

Novas relacionadas

O Mar na Escola

Fonte

Comentarios