![aspadex-vela-nov10-1]()
Como difrutaron os usuarios do centro Aspadex e os de Apem estes pasados mércores 3 e xoves 4 de novembro surcando as augas da ría de Corcubión. Gracias ao proxecto que organiza
Cataventos Escola de Vela xunto co
Club Marítimo Carrumeiro, os usuarios dos centros Aspadex e Apem coñecen a vela de primeira man. E o fan neste
1º Encontro a Vela Adaptada Aspadex-Apem, que se desenvolve estes días.
A primeira sesión xa foi toda unha experiencia.
Os Jorge, Tomás, Javi, Isaac e Paco disfrutaron coma nunca. Todo era unha festa e manifestaron a súa alegría de mil maneiras. Alí estaba tamén o alcalde de Cee, Ramón Vigo, na zodiac de Cataventos, acompañado polo gran can Tomás, e os amigos de Aspadex non paraban de berrarlle "o noso alcalde!". Tamén estaban Lalo Insua, concelleiro de Deportes de Corcubión, e varios dos patrocinadores do proxecto, que non son outros que Suministros Lar, Carnicería Antelo, Labralia, E.S Bazarra, Carpintería e Ebanistería Sendón S.L, Marcos Canosa e o Hotel Insua.
Moi traballadores os membros do equipo de Aspadex. Como nos conta Noemí Bemúdez "a experiencia está sendo moi bonita. Ademais dá gusto con eles porque teñen moitas gañas de apreden e probar. Estiveron moi participativos en todo momento, dende montalo ou desmontalo ata controlar as velas ou o o timón. E por encima as condicións eran moi boas, cun vento ideal para a práctica da vela".
Bautizados
![aspadex-vela-nov10-2]()
A nota máis impática da xornada foi o bautizo. Ao pasaren o ecuador da ría de Corcubión, Noemí e Marcos sacaron os gorros de Capitán Pescanova para bautizar aos novos grumetes.
Escolleron nomes mariñeiros coma Delfín, Moby Dick ou Pulpo, cos que quedarán soñando estes días. Iso si, libraron do cubo de auga...
Equipo Apem
![apem-vela-nov10-1]()
Se o pasado mércores tocoulles aos
mozos de Aspadex subirso ao veleiro de Cataventos, o xoves 4 de novembro era o turno dos rapaces de Apem. Un equipazo composto por 5 tripulantes,
Rosa, Benjamín, Paco, Marcos e Luís, acodiron ao peirao de Corcubión a realizar a súa primeira toma de contacto coa vela da man de
Cataventos Escola de Vela xunto co
Club Marítimo Carrumeiro e no marco do
1º Encontro a Vela Adaptada Aspadex-Apem, que se desenvolve estes días.
Como nos contan Noemí Bermúdez e Marcos Trillo, responsables de Cataventos, "foi todo un éxito xa que o día era ideal, co mellor vento norte e sol. Un día perfecto de navegación". Ademais, a tripulación de Apem mostrouse moi disposta no desenvolvemento dos labores de abordo.
Novas relacionadas
O Mar na Escola
Fonte