Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Aspadex recolleu a Medalla Fernando Blanco da man das asociacións ceenses

Aspadex recolleu a Medalla Fernando Blanco da man das asociacións ceenses
A Asociación ASPADEX foi a galardoada coa Medalla Fernando Blanco 2010, despois das votacións das asociacións do Concello. Dos sete candidatos, Perfecto Castro, Lorenzo Castiñeira, Carlos Oliete, Concha Blanco, Ramón Vigo Vázquez, ASPADEX e APEM, quedou excluída na primeira votación Concha Blanco. Na votación definitiva ASPADEX acadou 10 votos, quedando en segundo lugar Ramón Vigo Vázquez con 6 e o director de Ferroatlántica, Carlos Oliete, en terceiro lugar con 5 votos. Onte luns tivo lugar a entrega de premios. Evaristo Lema, presidente da Aspadex, recolleu o premio da man de María Junquera Cambeiro e Ramón Vigo. Lema lembrou a Concha Seoane, directora do centro. O luns, ademais do pasarrúas coa Banda da Escola de Música de Cee, o Trío de corda “Canon” amenizou a entrega de premios.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios