As emerxencias nos campos da Costa solvéntanse en clínicas coruñesas

Nos últimos anos, o asunto da Mutualidade no Fútbol galego sempre se convirte en algo complexo e pouco evidente. A entrada dos seguros privados (xa o falabamos o ano pasado por estas datas) está convertindo cada lesión nun problema. A falta de información deixa aos equipos desamparados.

En todo caso, a Federación Galega de Fútbol, a través da Mutualidade de Previsión Social de Futbolistas Españoles en Galicia, vén de confirmar que non haberá problema co seguro este curso, a pesar dos problemas que houbo entre a aseguradora Adeslas e a Asociación de Hospitales Privados de Galicia (Ahospgal), Uns problemas que puideron ter afectado gravemente a algún xogador mancado.

En todo caso, segundo o acordo asinado entre a Mutualidad e a compañía Adeslas e ao non poder chegar a acordos cos actuais centros e en base ao acordo con Adeslas, a Federación informa dos novos centros que prestarán a cobertura sanitaria establecida a deportistas federados afeccionados e xuvenís, maiores de 16 anos.

Se ben, por ”urxencias vitais” poderán achegarse ao Centro Hospitalario máis próximo, para outro tivo de urxencias, terán que visitar as seguintes clínicas, todas en Coruña:

  • Urxencias: Asistencia Santiaria Sistens. Rúa Federico Tapia, 2. 24 horas. 981175030.
  • Atención Ambulatoria/Probas diagnósticas: ADESLAS Salud Coruña. Avda. Rubine, 8. 981145098. L a V de 9:00h a 21:00h e sábado de 9:00h a 14:00h.
  • Resonancia magnética: Clínica Gaiás. Avda. Calvo Sotelo, 7. 981919171
  • Rehabilitación: Clínica JR Meilán Fisioterapeutas. Rúa Comandante Fontanes, 11. 981218080.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).