Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Da carta de liberdade nas categorías inferiores

Da carta de liberdade nas categorías inferiores
Fran Caamano co At Chenet o ano pasado

Esta semana chegounos unha denuncia dun pai corcubionés residente en Tenerife. Aló vive coa súa familia sempe cun ollo na nosa Costa da Morte, e cada verán volve a Corcubión, a súa terra. A típica vida de emigrante, marcada, nestes tempos, pola loita da liberdade do seu fillo.

Non é que estea preso, é que non pode xogar ao fútbol pola decisión do seu club de non outorgar a carta de liberdade a un grupo de xogadores. Unha práctica que nos pode ser coñecida pola Costa, onde máis dunha vez as disputas por xogadores, mesmo de categorías inferiores teñen esquecido que falamos de rapaces, mozos que o único que queren é xogar ao seu deporte favorito, máis alá de escudos, camisetas ou historias.

Evaristo Caamaño xa presentou unha denuncia contra o Club Atlético Chenet de Tenerife por non permitir que o seu fillo, Fran, de 16 anos, fiche por outro club. Non lle outorgan a carta de liberdade, segundo nos explican dende o club isleño, “porque a nosa política ao respecto é non autorizar o traspasdo de xogadores en bloque a outro club”. Son varios os compañeiros que como Fran, pediron marchar ao Buzanada CF, pero dende o Chenet se propuxo que tería a liberdade para ir a calquera outro club, pero que “se ínsistía en ir ao Buzanada, ao ir en bloque, ofrecíamoslle xogar ata Nadal con nós e despois podería marchar”.

Mentres, o malo que é a peor parte a paga o rapaz, que estes meses está sufrindo graves trastornos no seu comportamento. De feito, xa ten ido ao psiólogo de urencia, quen recomenda, que pola súa condición clínica, se realice unha mediación entre club e familia.

Esperemos que volva a cordura e poida volver despistarse nun campo de fútbol.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios