Venres. 19.04.2024
El tiempo

5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa

5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa
Oscar Suarez e David Bana

Apenas levamos 5 xornadas de Liga e xa temos o primeiro cambio nos banquiños do Fútbol da Costa.

Óscar Suárez, que este curso collía o mando da nave do Malpica despois de ser peza fundamental sobre o céspede durante a última temporada, deixa o banco malpicán tras chegar a un acordo coa directiva.
Non son os resultados os culpables da marcha de Óscar, segundo afirma a directiva, se ben o equipo conta con 2 puntos en 4 partidos, pois o último choque tivo que suspenderse.

O eterno pichichi bergantiñán remata así a súa primeira experiencia dende a banda en categoría absoluta.

Baña, recambio provisional

A directiva púxose en contacto con David Baña, que en ningún momento quería coller o relevo por respecto a Óscar. Pero por facer un favor á directiva, o ex adestrador malpicán, que tan boas campañas dixiriu as pasadas temporadas, volve ao banco do equipo para viaxar directamente a Bertamiráns.

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios