Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O muradán Piti volve polo Pichichi

O muradán Piti volve polo Pichichi
Piti coa camisola do Volantes ante o Buno-Foto-Davdi Castro

Impresionante, 38 anos e segue aí demostrando que a calidade non ten idade. Parece que a Piti Lado, que fichaba este curso polo Volantes trala misteriosa desaparición do Muros, lle sentou ben o cambiar o celeste polo laranxa. 5 goles en apenas 3 partidos leva este eterno crack do Fútbol da Costa, un deses que xa son míticos aínda en activo, e do que falaremos como o facemos agora dos Manolín, Miculita…

Por detrás temos a Charro, nun Buño que comezou a toda velocidade pero que precisamente era parado polo Volantes esta semana en Xaviña. O xogador malpicán leva 4 tantos.
Outros tantos leva unha desas promesas que xa podemos calificar de realidades. O cabanés Iván Mato, recén saído dos xuvenís, xa avisaba o ano pasado, e neste comezo de campaña xa ten demostrado que vale de sobra para a categoría. Un xogador de garra e coraxe ao que ás veces traiciona o exceso de celo, algo que seguro que vai controlando.

Con 3 tantos temos na Liga da Costa ao zaense Canedo, ao xalleiro David Agra, ao baiés en Baiñas Javi Suárez, como non, ao de Verdillo Iván Parafita e ao mazaricán Chenel, outro dos que seguro vai estar pelexando polo pichichi.

Un sofanista de Pichichi na 1ª Autonómica

Ivan Rojo pichichi da 1 Auto-Foto-SD Sofan

Na 1ª Autonómica, o pichichi leva camisola vermella e se chama Iván Rojo. O sofanista está destacado, con 4 tantos, 1 de penalti, con 2 de vantaxe sobre os seus perseguidores. Un deles é Alejo, o cormelán que xa leva 2 e que promete unha marea deles se as lesións o respecta.

3 goleadores na Preferente

Son 3 os xogadores que entran nas táboas de goleadores da Preferente Norte. Adrián Makaay, do Dumbría emais os xalleiros Doro e Jesús, levan 2 goles cada un, nas 4 primeiras xornadas, só por detrás de 3 xogadores que levan 3 tantos.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios