Axenda copeira e de fases de ascenso no Fútbol da Costa
Unha vez anunciada a III Gala do Fútbol da Costa, a competición segue en marcha. E esta fin de semana que pecha maio e arrinca co mes de xuño chega cargada de emoción. A Copa e as Fases de Ascenso son protagonistas pero teremos tamén algunha liga que queda en liza.
Antes de ir co repaso, damos conta dunha das últimas novidades pos a Federación vén de desestimar a reclamación do Ameixenda, dándolle a razón ao Seaia. Deste xeito non se vai ter que celebrar a prórroga nin outro partido da Fase de Ascenso da 3ª, e o Seaia é equipo da 2ª Autonómica con todas as letras.
Tivo que chegar ata a asesoría xurídica da Federación o caso, que sinala
Comezamos o repaso pola Copa da Costa, que chega cuns Cuartos espectaculares. 4 eliminatorias por todo o alto, 8 equipazos que buscará un posto nas semis. O Cee recibe a un Malpica aínda moi forte, que quere pechar o temporadón cun título. Ollo ao Zas- Dumbría, partidazo. En San Pedro, o Castriz, que leva case un mes sen competir, recibe a un Baio moi forte. Mentres, o que pode ser o partido da xornada, o Corme recibe no Cairo ao XSC, nunha auténtica ao Fútbol da Costa.
Outro dos partidos da semana xogaranse fóra, en Val do Ulla. Ten unha finalísima (as 3 restantes o son) de cara á 1ª Autonómica. Co Volantes ca bufanda da SD colgada, o cadro sofanista enfróntase ao que parece ser o seu maior rival polo ascenso.
E teremos completas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. Só o XSC Cadete ten o ascenso a un paso, pero antes terá que superar ao Ánimas. En Cadetes entra en competición o Cabana pero terá 3 eliminatorias por diante para acadar o ascenso. A primeira, ante o Dorneda.
Volvendo a Xuvenís, Dumbría, tras perdoar e deixar escapar a Previa, ten, como a Esteirana, outras 3 eliminatorias para conseguir o ascenso. Os dumbrieses, sen Diego Lobelos no banco e Marcote no campo por sanción, reciben o sábado ao Polvorín no Conco, mentres a Esteirana lle toca o Boiro na casa.
E en Infantís, o Cee, que tamén caía na previa, comeza o periplo ante o Callobre.
Mentres o Dumbría pode certificar a súa permanencia na Liga Galega Infantil, os máis peques teñen cita nas Fases Finais e nas Ligas Norte. Quedan 3 xornadas nas Ligas Norte, mentres os dos sur, Dumbría Alevín, Outes Benxamín e Fisterra Prebenxamín, empezan a primeira volta da Fase Final do Campionato Galego.
Temos tamén cita ca Copa da Costa de Veteranos, cuns intensos Cuartos, e un par de eliminatorias máis que interesantes: San Román-Soneira e Zas-Coristanco.
Copa da Costa, Ida dos Cuartos
- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuveni
31/05 - 17:30 | Dumbría - Polvorín | Volta |
31/05 - 17:30 | Esteirana - Boiro | Volta |
- Os dous equipos terán que pasar esta e outras dúas eliminatorias para ascender.
Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete
01/06 - 12:00 | Ánimas - XSC | Volta |
31/05 - 17:00 | Cabana - Dorneda | Volta |
- Ao XSC bástalle con superar esta eliminatoria para ascender. O Cabana terá que pasar esta e outras dúas eliminatorias para ascender.
Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil
31/05 - 12:00 | Callobre - Cee | Volta |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 15
Galicia Caranza | 01/06 - 11:00 | Dumbría |
Fases Finais de Alevín, Benxanín e Prebenxamín
Alevíns:
31/05 - 12:00 | Xuv. Aguiño - Dumbría | Volta |
Benxamíns:
31/05 - 11:00 | Victoria - Outes | Volta |
Prebenxamíns:
31/05 - 17:30 | Narón - Fisterra | Volta |
Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 16
As Baleas | 30/05 - 20:00 | Muxía |
Sofán | 31/05 - 17:00 | EF Corcubión |
Baio | 31/05 - 17:30 | Coristanco |
Corme | 01/06 - 16:30 | Cabana |
- Descansa EFM Vimianzo.
Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 16
As Baleas | 30/05 - 19:00 | Muxía |
Baio | 31/05 - 16:30 | Coristanco |
Sofán | 31/05 - 18:00 | Ponteceso |
Corme | 01/06 - 15:30 | Cabana |
E.M.F. Vimianzo | 02/06 - 18:00 | As Baleas |
Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Cuartos
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Máis información
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Copa da Costa: Quedan uns Cuartos fantásticos.
- Fase de Ascenso a 1ª: O Sofán arrinca con forza.
- Fases de Ascenso Base: O XSC, o único que avanza firme cara a Liga Galega.
Artigos relacionados
- Un xantar para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv..
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).