Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14

Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14
Jorge Vazquez Barcia e Marcos Mouro a Sele Corunesa sub 14

O porteiro cadete do Dumbría Jorge Vázquez Barcia, o xogador do XSC Marcos Mouro, e xogadora do XSC infantil de Liga Galega, Tatiana Barcia, veñen de recibir unha moi boa nova. Ambos xogadores son convocados para un adestramento da Selección Coruñesa sub-14.

Os dous xogadores xogadores terán que asistir ao partido amistoso fronte ao Calasanz de Liga Galega este mércores 7 de maio ás 15:45 na Torre, na Coruña.

Xunto a eles, estarán varios xogadores do Calasanz, Deportivo, Imperátior, Ural, Victoria, Orillamar, Monteañeros, e o carballés do Bergantiños Eloy Ferreiro Rojo.

Igualmente Tatiana foi convocada unha vez máis, para formar parte da selección coruñesa sub-14 que disputará a fase final da competición de seleccións comarcales neste mes de maio. Participará no adestramento previsto para o vindeiro mércores, día 7 de maio, nos campos da Cidade Deportiva da Torre.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios