mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda copeira e de fases de ascenso no Fútbol da Costa

Axenda copeira e de fases de ascenso no Fútbol da Costa
 Imaxe-do-Malpica-Carnota-da-Copa-Foto-Wash-Calvo

Unha vez anunciada a III Gala do Fútbol da Costa, a competición segue en marcha. E esta fin de semana que pecha maio e arrinca co mes de xuño chega cargada de emoción. A Copa e as Fases de Ascenso son protagonistas pero teremos tamén algunha liga que queda en liza.

Antes de ir co repaso, damos conta dunha das últimas novidades pos a Federación vén de desestimar a reclamación do Ameixenda, dándolle a razón ao Seaia. Deste xeito non se vai ter que celebrar a prórroga nin outro partido da Fase de Ascenso da 3ª, e o Seaia é equipo da 2ª Autonómica con todas as letras.
Tivo que chegar ata a asesoría xurídica da Federación o caso, que sinala

Comezamos o repaso pola Copa da Costa, que chega cuns Cuartos espectaculares. 4 eliminatorias por todo o alto, 8 equipazos que buscará un posto nas semis. O Cee recibe a un Malpica aínda moi forte, que quere pechar o temporadón cun título. Ollo ao Zas- Dumbría, partidazo. En San Pedro, o Castriz, que leva case un mes sen competir, recibe a un Baio moi forte. Mentres, o que pode ser o partido da xornada, o Corme recibe no Cairo ao XSC, nunha auténtica ao Fútbol da Costa.

Outro dos partidos da semana xogaranse fóra, en Val do Ulla. Ten unha finalísima (as 3 restantes o son) de cara á 1ª Autonómica. Co Volantes ca bufanda da SD colgada, o cadro sofanista enfróntase ao que parece ser o seu maior rival polo ascenso.

E teremos completas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. Só o XSC Cadete ten o ascenso a un paso, pero antes terá que superar ao Ánimas. En Cadetes entra en competición o Cabana pero terá 3 eliminatorias por diante para acadar o ascenso. A primeira, ante o Dorneda.
Volvendo a Xuvenís, Dumbría, tras perdoar e deixar escapar a Previa, ten, como a Esteirana, outras 3 eliminatorias para conseguir o ascenso. Os dumbrieses, sen Diego Lobelos no banco e Marcote no campo por sanción, reciben o sábado ao Polvorín no Conco, mentres a Esteirana lle toca o Boiro na casa.
E en Infantís, o Cee, que tamén caía na previa, comeza o periplo ante o Callobre.

Mentres o Dumbría pode certificar a súa permanencia na Liga Galega Infantil, os máis peques teñen cita nas Fases Finais e nas Ligas Norte. Quedan 3 xornadas nas Ligas Norte, mentres os dos sur, Dumbría Alevín, Outes Benxamín e Fisterra Prebenxamín, empezan a primeira volta da Fase Final do Campionato Galego.

Temos tamén cita ca Copa da Costa de Veteranos, cuns intensos Cuartos, e un par de eliminatorias máis que interesantes: San Román-Soneira e Zas-Coristanco.

Copa da Costa, Ida dos Cuartos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuveni

31/05 - 17:30Dumbría - PolvorínVolta
31/05 - 17:30Esteirana - BoiroVolta
  • Os dous equipos terán que pasar esta e outras dúas eliminatorias para ascender.

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

01/06 - 12:00Ánimas - XSCVolta
31/05 - 17:00Cabana - DornedaVolta
  • Ao XSC bástalle con superar esta eliminatoria para ascender. O Cabana terá que pasar esta e outras dúas eliminatorias para ascender.

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

31/05 - 12:00Callobre - CeeVolta

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 15

Galicia Caranza 01/06 - 11:00Dumbría

Fases Finais de Alevín, Benxanín e Prebenxamín

Alevíns:

31/05 - 12:00Xuv. Aguiño - DumbríaVolta

Benxamíns:

31/05 - 11:00Victoria - OutesVolta

Prebenxamíns:

31/05 - 17:30Narón - FisterraVolta

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 16

As Baleas 30/05 - 20:00 Muxía
Sofán 31/05 - 17:00 EF Corcubión
Baio 31/05 - 17:30 Coristanco
Corme 01/06 - 16:30 Cabana
  • Descansa EFM Vimianzo.

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 16

As Baleas 30/05 - 19:00 Muxía
Baio 31/05 - 16:30 Coristanco
Sofán 31/05 - 18:00 Ponteceso
Corme 01/06 - 15:30 Cabana
E.M.F. Vimianzo 02/06 - 18:00 As Baleas

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Cuartos


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios