Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv.

Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv.

Xa se levou a cabo o sorteo de onte para os equipos costeiros. Os Cee, XSC, Cabana, Dumbría e Esteirana xa teñen rivais para conseguir o soñado ascenso á categoría autonómica.
Teredes sempre estes cadros actualizados en www.copadacosta.com.

Xuvenís

Fase de Ascenso a Liga Galega Xuvenil 2014

En Xuvenís, o Dumbría arrincará a Fase cun triangular en Xaviña, Buño, esta fin de semana de 23, 24 e 25 de abril. Empezará ante o Cerceda na tarde do venres, e pechará a Previa ante o Santa María do Mar. Como foi 1º de grupo, se gaña o triangular, terá que vencer para enfrontarse ao 1ª da Previa ferrolán para pasar á seguinte rolda, xa unha final polo ascenso. Se non queda primeiro na Liguilla, entrará nas Semifinais e terá que superar as semis e unha final.

Pola súa parte, a Esteirana enfrontarase ao Boiro en Semifinais, os 31 de maio e 7 de xuño. Se vence, necesitará superar ao vencedor da elminatoria entre o Porto Burela e o 3º da Coruña na Final.

Cadete

Fase de Ascenso a Liga Galega Cadete 2014

Xa nos Cadetes, O XSC terá que superar o triangular a San Cristobal e Obrero esta vindeira fin de semana, con partidos sábado e domingo. De vencer tocaralle superar ao Ánimas para xa estar en Liga Galega.
Pola súa parte, o Cabana, comezará cas Semis ante o Dorneda e na final estará o Becerreá ou o Xuv. Aguiño.

Infantís

Fase de Ascenso a Liga Galega Infantil 2014

Só temos un candidato en Infantís, pero sen dúbida, e tras conseguir o doblete de Liga e Copa, será o noso mellor representante. Pero non o terá sinxelo o Cee. Primeiro terá unha previa triangular ante Imperátor e Rayo Sadense, con partidos venres e domingo. De vencer enfrontarase ao Residencia para acadar o ascenso á Liga Galega.

Sorte aos nosos representantes nas Fases!!

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios