Axenda deportiva da fin de semana na Costa

Con un ollo na importante circular da Federación Galega de Fútbol sobre os ascensos e os novos pasos da Asociación de Clubes do Fútbol da Costa, tras botar un ollo ás clasificacións das xa actualizadas Ligas de Fútbol Sala de Cee, e tras ver a video entrevista de Anxo Garrido con Joselu, repasamos a previa deportiva completa da fin de semana do 10 e 11 de marzo.

Xa no futbolístico comezamos cun novo derbi costeiro na Preferente. O Soneira recibirá ao Xallas, nun choque no que os vimianceses teñen máis necesidade dos puntos que os xalleiros. Ademais o Dumbría poderá facerlle un favor aos soneiráns vencedo ao Mugardos, mentres que o Santa Comba terá un bo chance para subirse ao carro do ascenso, cun duelo na parte alta ante o Boiro, 3º a 6 puntos dos laranxas.

En , choques asequibles para os nosos. E na Liga da Costa só hai un partido adiantado, un previsiblemente fermoso Fisterra-Corme. Pero o partido da xornada será o Malpica - Club do Mar, o líder contra o equipo que máis en forma está tras 14 xornadas sen perder. Por abaixo segue intensa a cousa, e haberá duelos directos como o San Lorenzo-Corcubión, o Mazaricos-Castriz ou o Nantón-Buño. E tamén o derbi Zas-Baio será un claro foco de atención.

A xornada na, o Outes estrea liderato descansando, polo que o Carnota poderá volver alzarse á 1ª praza se gaña ao Xaviña en Lombáns. O Cabana terá un choque difícil en Camelle e o Coristanco ante un complicado Independiente. Ademais o Cerqueda-Volantes será o máis interesante na loita por acadar unha das 6 prazas privilexiadas.

Segue a Liguilla Xuvenil moi igualada. O Malpica probará a resistencia do Baio, o Dumbría B poderá sumar en Corcubión e o Cee terá que superar ao Soneira.

Preferente, xornada 27

Soneira 11/03 - 16:30 Xallas
Gal. Mugardos 11/03 - 17:00 Dumbría
Santa Comba 11/03 - 17:00 Boiro

1ª Autonómica, xornada 26

Estudiantil11/03 - 16:30 Cee
Ponteceso 11/03 - 16:30 Villestro

2ª Autonómica, xornada 26

Fisterra 10/03 - 17:00 Corme
Malpica 11/03 - 16:30 Club do Mar
Esteirana 11/03 - 16:30 Sofán
Dumbría B 11/03 - 16:30 Camariñas
Muros 11/03 - 16:30 O Pindo
San Lorenzo 11/03 - 16:30 Corcubión
Mazaricos 11/03 - 16:30 Castriz
Nantón 11/03 - 16:30 Buño
Zas 11/03 - 17:00 Baio

3ª Autonómica, xornada 26

Lira 10/03 - 16:00 Laxe
Indep. Carballo 10/03 - 16:30 Coristanco
Camelle 10/03 - 18:30 Cabana
Soneira B 11/03 - 12:15 Atl. Pereiriña
Carnota 11/03 - 16:30 Xaviña
Fisterra B 11/03 - 16:30 Muxía
Cerqueda 11/03 - 16:30 Volantes
Alcaián 11/03 - 16:30 Montelouro
Porteño 11/03 - 16:30 Corcoesto

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6

Malpica 10/03 - 16:00 Baio
Cee 10/03 - 16:30 Soneira
Corcubión 10/03 - 16:30 Dumbría B
Camariñas 10/03 - 17:00 Santa Comba

Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 6

Fisterra 10/03 - 10:30 Outes
Zas 10/03 - 16:30 Dumbría
Coristanco 10/03 - 16:30 Esteirana

Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 6

Corme 10/03 - 16:30 Muros
Ponteceso 10/03 - 18:30 Mazaricos
Cabana -- Descansa

2ª Cadete, xornada 26

Ponteceso 10/03 - 10:30 Coristanco
Muxía 10/03 - 10:30 Dumbría
Zas 10/03 - 10:30 Baio
Outes 10/03 - 10:30 Soneira
Fisterra 10/03 - 12:30 Esteirana
Camariñas 10/03 - 15:00 Santa Comba
Malpica 10/03 - 18:00 Porteño
Cee 10/03 - 18:30 Cabana

2ª infantil, xornada 26

Esteirana 09/03 - 18:15 E.M.F. Vimianzo
Dumbría 09/03 - 18:30 Muxía
Coristanco 11/03 - 10:30 Fisterra
Con. de Carnota 11/03 - 10:30 Cabana
Corme 11/03 - 10:30 Outes
As Baleas 11/03 - 10:30 Santa Comba
Cee 11/03 - 11:00 E.D. Os Miudos

Ligas de Veteranos, xornada 24

1ª División

Buño 11/03 - 10:00 Xv. Bergantiños
Bértoa 11/03 - 10:00 Castriz
Nantón 11/03 - 11:00 Cabana
Zas 11/03 - 11:00 Camariñas
Ponteceso 11/03 - 11:00 Baio
San Lorenzo 11/03 - 11:00 Bergantiños
San Román 11/03 - 12:00 Vimianzo

2ª División

Muros 11/03 - 10:00 Dep. Carballo
Soneira 11/03 - 10:00 At. Milagrosa
Club do Mar 11/03 - 10:00 Corme
Leiloio 11/03 - 11:00 Sofán
Malpica 11/03 - 11:00 Agualada
Porteño 11/03 - 12:00 Camelle
Cerqueda 11/03 - 12:00 Corcoesto

Pesca

Este sábado hai cita ca pesca en Camariñas. Uns 45 participantes chegados dende Madrid, Pais Vasco e toda Galicia participarán no IV Camponato de Pesca Cabo Vilán. A actividade comezará ás 8:00h na Lonxa, e trala primeira manga, haberá churrascada na Parrillada Rojo de Xaviña. A segunda manga comezará ás 15:00h e a pesada será na Lonxa.

Fútbol Sala

  • Liga Autonómica: - Fisober F.S.F. - F.S.F. Mesón Río Ulla: sábado 10/03/2012 ás 18.30h en Vimianzo.
  • Liga Provincial:
    - A Salina de Esteiro - Espartanas F.S.: sábado 10/03/2012 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.
    - Fisober F.S.F. "B" - C.D. Mabegondo. sábado 10/03/2012 ás 17:00h en Vimianzo.
    - Concello de Ponteceso F.S.F. - A Fervenza: sábado 10/03/2012 ás 18:00h. (aprazado do 11 de febreiro).

Vela en Corcubión

Esta fin de semana de 10 e 11 de marzo, as augas da ría de Corcubión acollerán a regata clasificatoria II Trofeo Ferroatlántica de Óptimist.

Balonmán

  • O Balonmán Camariñas xoga o domingo día 11 de marzo en León ás 12 da mañá contra o Universidade de León Ademar.
  • O Calvo Xiria xoga en Porriño ante o líder da categoría. Será o sábado ás 18:00 horas.

Baloncesto

ACB Costa da Morte Oso Polar - Cambre: domingo ás 19:00 no Municipal de Cee.

Atletismo

Este domingo celebrase Campeonato de España de Campo a Través escolar e Universitario, na Coruña no espléndido circuíto de campo a través da Torre de Hércules. Na proba universtaria masculina celebrarase as 11:10.

Tenis de mesa

Despois de 2 semanas de descanso, voltan os equipos costeiros á competición das ligas. Esta semana xogan no ximnasio do CPI de Zas o sábado ás 17:00h, na 3ª galega grupo noroeste:

  • Concello de Zas O Pinar - Breogán Oleiros "E"
  • Concello de Zas P Tívoli - Andeiro Promesas.

Encontro complicado para o Concello de Zas P. Tívoli que terá que conquerir a vitoria se quere aspirar a alcanzar os primeiros postos. Para o Concello de Zas O Pinar será un encontro de resultado incerto.

E na 2ª galega centro, o domingo ás 11:00h:

  • Concello de Zas Angepon - CTM Lalín "B".
  • Anorthosis Vimianzo - Hípica Coruña.

En 2ª galega, Concello de Zas Angepon intentará dar a sorpresa ante o CTM Lalín "B", pero para elo deberán ter un día moi malo os lalinenses. Por outra parte o Anorthosis Vimianzo terá a oportunidade de resarcirse das últimas derrotas.

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).