Preferente: Só suma o Xallas e o Santa Comba segue recuperando o tono

09:05 05/03/12
Fíxoselle demasiado longo o partido ante o Compos ao Santa Comba, e tras comezar gañando acabou sen premio. Pero segue con posibilidades de chegar ao 3º posto o cadro laranxa, que vale para a promoción, pero é posible que haxa arrastres e non valga para nada. A semana que vén clave ante o Boiro, 3º con 6 puntos de vantaxe sobre os laranxas
E mala xornada para o Soneira, que cada vez que chega á Mariña, a pesar de que os conxuntos lucenses están na zona baixa, pincha. Onte caeu no min.90 e se ben non fixo o mellor partido, si que tivo ocasións para levar os 3 puntos de volta. Deste xeito os de Miguel non escapan da zona de perigo e quedan a tan 3 puntos do descenso que ocupa o Mugardos. E gracias que o Xallas conseguía unha vitoria, clara, ante os ferroláns, que permite aos de Iván Cancela seguir nunha cómoda posición.
S.D. Compostela - Santa Comba (3-2)

- SANTA COMBA: Diego, Chinda (Gelo, min.46), Roberto Amoedo, Angelo, Gonzalo, Jota, Doro, Toni, Noli (David Blanco, min.52), Julián e Baña (Agustín, min.70).
- Goles: 0-1, min.5: Doro ao segundo tras un centro que peina Noli; 0-2, min.32: en propia tras un centro de Julián pola dereita; 1-2, min.43; 2-2, min.60: Roberto Amoedo en propia meta tras unha saída falsa de Diego; 3-2, min.78.
Xove Lago - Soneira (1-0)
- SONEIRA: Durán, Mayor (Pichi, min.60), Ferreiro, Pablo, Martín, Santi, Michel, Brais, Kike (Iago, min.60), Javi e Vía.
- Gol: 1-0, min.90.
Xallas - Gal. Mugardos (1-0)
- XALLAS: David, Álvaro, Isma, Becerra, Rubio, Ricardo, Iván, Brais, Pío (Elvis, min.88), Toni e Luís.
- Gol: 1-0, min.17: Luís cun bo chut.
- Expulsión: un xogador visitante na primeira e Dani Becerra no min.53 tras un salto bastante limpo por cartón vermello directo.
Dumbría - Grixoa (0-2)
- DUMBRÍA: Juan, Tantán, Iván (Martín Toja, min.80), Aarón Fdez, Isma (Rikiu, min.75), Aarón López, Piri, Eloy (Poyo, min.65), Cacho (Toni, min.75), Iago e Alberto.
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con José Carlos e Piña.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).