Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Fisober supera, de vermello, as súas Meigas

O Fisober supera, de vermello, as súas Meigas

Era o Pavillón de Bertamiráns unha pista especialmente maldita para as do Fisober. A casa do Meigas é unha das súas particulares “bestas negras”, pero este sábado as costeiras conseguiron gañar con solvencia, continuando líderes en solitario unha semana máis da Liga Autonómica.

A nota curiosa foi que o Fisober tivo que estrear súa equipación vermella para evitar similitude dos cores das camisolas, un vermello que lle deu sorte.

Entrementres na Liga Provincial, non houbo xornada.

Liga Autonómica

  • Resultado: F.C. MEIGAS – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (0-7).
  • FISOBER: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla, Eva e Alba.
  • Goles: 0-1 Barca, 0-2 Patri, 0-3 Noelia, ( descanso), 0-4 Ana, 0-5 Barca, 0-6 Barca, 0-7 Myrella.

Despois duns primeiros 5 minutos de letargo e vixiancia por ambos equipos, as visitantes decidiron buscar o gol intensamente. Foi así cando os cinco minutos Elsa e Patri tiveron unha dobre ocasión para adiantar as da Costa no electrónico. Un minuto despois foi de novo Patri e tamén Barca as que viron como a porteira local desbarataba as súas ocasións.
A seguinte en tentalo era a capitana visitante Ana a que tiña a súa opción como preámbulo do gol. Así os oito minutos un pase filtrado por Patri para Barca que recibiu de costas e dándose a volta adiantou as visitantes.
Pero só un minuto despois as locais por medio de Raquel tiveron a súa ocasión para igualar pero a porteira visitante Paula desfacía o perigo.

Fisober quería aumentar diferenzas e Noelia mediada a primeira metade gozaba dunha ocasión para conquerilo. Nese mesmo minuto dez Patri despois dunha excelente xogada personal facía un autentico golazo para poñer o 0 a 2 no tanteador.
A resposta local foi por medio dun forte disparo de Andrea Cutrín que pegou no pau os doce minutos. As do Fisober seguían atacando e así Noelia e Olalla tiveron a súa opción de atoparse co gol.

As locais non se rendían e aproveitaban un erro visitante para ter unha triple ocasión que foron ben solventadas pola súa porteira Paula. Unha Paula que a cinco para o fin tivo que intervir de novo ante Katia.
Os últimos minutos foron os minutos das ocasións da xogadora do Fisober , Noelia, que ata en dúas ocasións se atopou ca porteira local. Pero a terceira a trinta segundos para o tempo de lecer non erraba e poñía o 0 a 3.

A segunda metade seguiu coa mesma tónica da primeira. Foi así de inicio Ylenia a que gozaba da súa ocasión. Case de seguido foi Myrella a que a tivo. Os minutos foron pasando e Barca tiña dúas opcións de gol nos minutos sete e oito, pero non lograba o seu obxectivo. Tampouco foi quen Ana en primeira instancia os dez minutos.
Pero só un minuto despois a mesma Ana facía o cuarto gol visitante e nese mesmo minuto Barca facía o quinto do seu equipo. Unha Barca que non paraba e mandaba o balón o pau. Aos trece minutos a mesma Barca facía o sexto do Fisober e o terceiro na súa conta particular. Aínda quedou tempo para que Myrella aproveitara un pase de Ana nun saque de esquina e mandara as redes o definitivo sétimo gol visitante. Dende aquí ata o fin unha nova ocasión para Noelia , e unha porteira visitante Eva que paraba unha perigosa falta, respostando con solvencia e seguridade o escaso traballo que tivo.

Vindeira cita

  • Liga Autonómica: - Fisober F.S.F. - F.S.F. Mesón Río Ulla: sábado 10/03/2012 ás 18.30h en Vimianzo.
  • Liga Provincial:
    - A Salina de Esteiro - Espartanas F.S.: sábado 10/03/2012 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.
    - Fisober F.S.F. "B" - C.D. Mabegondo. sábado 10/03/2012 ás 17:00h en Vimianzo.
    - Concello de Ponteceso F.S.F. - A Fervenza: sábado 10/03/2012 ás 18:00h. (aprazado do 11 de febreiro).

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..

Comentarios