![Dumbria B - Baio - Foto- Santi Diaz]()
Comezou marzo e segue a tope o 
#futboldacosta (animávosvos a seguir e actualizar os resultados a través deste hastag de twitter).
Só o Xallas venceu na Preferente, e facendo un favor ao Soneira, pero xa sabiamos que era unha xornada complicada. O Grixoa foi superior, sobre todo na segunda metade ao Dumbría, e o Compos foi demasiado para un Santa Comba que segue en progresión e que para nada tira a toalla. O Soneira non puido dicir adeus ao grupo de abaixo e caeu co Xove Lago e queda a 3 puntos da zona de descenso.
Na 1ª, o doble choque costeiro-coruñés rematou en táboas. O Cee empatou na casa co Victoria pero lle soubo a pouco, e o Ponteceso sacou un bo punto do campo do Imperátor.
Xa na 
Liga da Costa, resultados sorpredentes. Se o 
Club do Mar non fallaba onte en Buño, hoxe tampouco o facía o 
Camariñas ante a Esteirana nun partido máis difícil do que sinala o 5-2 final. Pero o que si non puido manter o ritmo foi o 
Fisterra, que caeu no sempre complicado campo do Carral ante un 
Sofán que dá o máximo ante os de arriba. Xa está o 
Malpica a tan só 1 punto dos fisterráns e a 5 do Camariñas, i é que os de David Baña veñen como motos e superaron ao Corme no Cairo con protestas locais pola arbitraxe.
Por abaixo a xornada era importante. 
Clave a vitoria do Mazaricos en Nantón, que deixa aos cabaneses en situación máis que complicada. No outro choque directo 
Castriz e San Lorenzo empataban, mentres que o Corcubión caía nun partido tolo co Muros e o Zas non pasaba do empate a 0, e gracias, ante un Pindo moi mellorado. Así, ata o Buño non se pode despistar pois está con 29 puntos, polos 26 do San Lorenzo, e os 25 do grupo formado por Zas, Mazaricos e Corcubión, mentres que Castriz está con 24, 3 por riba do Nantón.
E xornada tremendamente atípica na 
3ª da Costa. 
Colócase líder o Outes, tras superar ao Porteño pola mínima, tras aproveitar os tropezos dos 5 de arriba. I é que 
Carnota e Cabana asinaban táboas o sábado, e quedan a 1 e 4 puntos respectivamente do liderato. 
Fallaba o Coristanco na casa ante o Soneira B deixándose 2 puntos vitais para achegarse aos de arriba; e o mesmo lle ocorreu ao 
Montelouro, que ve agora como o 
Cerqueda, que sacou 3 puntazos do Agra da Figueira, queda a 3 dos muradáns. Outros que fallaron foron os 
Volantes, e na casa, ante o Independiente, pero aínda así seguen empatados cos cerquedáns loitando polas 6 prazas de arriba.
Na Liguilla de ascenso 
Xuvenil comezan xa a notarse as diferencias entre os de arriba e os de abaixo. Dumbría B e Baio manteñen o liderato con 12 puntos, tras barrer os malpicáns a un decaído Camariñas, e tras vencer o Baio en Vimianzo ao Soneira. Por detrás segue o Malpica, que fulminou ao Corcubión, mentres que o Cee, a 2 do liderato, empataba con Santa Comba, que malia estar con tan 5 puntos non se deixa levar.
Na Copa, no Gr.1 Fisterra, Outes e Dumbría loitarán pola 3ª e 4ª praza, se ben parece que Zas e Coristanco están decididos. Pero a sensación segue a ser de gañas de rematar...
Preferente, xornada 26
| Xove Lago | 1-0 | Soneira | 
| Xallas | 1-0 | Gal. Mugardos | 
| Dumbría | 0-2 | Grixoa | 
| S.D. Compostela | 3-2 | Santa Comba | 
1ª Autonómica, xornada 25
| Cee | 1-1 | Víctoria | 
| Imperator | 0-0 | Ponteceso | 
2ª Autonómica, xornada 25
| Buño | 1-3 | Club do Mar | 
| Corme | 0-1 | Malpica | 
| Sofán | 2-1 | Fisterra | 
| Baio | 4-0 | Dumbría B | 
| O Pindo | 0-0 | Zas | 
| Corcubión | 4-5 | Muros | 
| Nantón | 0-2 | Mazaricos | 
| Camariñas | 5-2 | Esteirana | 
| Castriz | 2-2 | San Lorenzo | 
3ª Autonómica, xornada 29
| Atl. Pereiriña | 0-3 | Fisterra B | 
| Xaviña | 2-3 | Lira | 
| Cabana | 2-2 | Carnota | 
| Muxía | 1-1 | Camelle | 
| Coristanco | 2-2 | Soneira B | 
| Volantes | 1-2 | Indep. Carballo | 
| Montelouro | 2-3 | Cerqueda | 
| Corcoesto | 1-2 | Alcaián | 
| Outes | 1-0 | Porteño | 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5
| Santa Comba | 2-2 | Cee | 
| Soneira | 0-2 | Baio | 
| Dumbría B | 7-1 | Camariñas | 
| Malpica | 8-0 | Corcubión | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 5
| Dumbría | 2-0 | Outes | 
| Coristanco | 3-2 | Fisterra | 
| Zas | 8-2 | Esteirana | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 5
| Corme | 1-2 | Cabana | 
| Ponteceso | 11-0 | Muros | 
| Mazaricos | -- | Descansa | 
2ª Cadete, xornada 25
| Coristanco | 6-0 | Fisterra | 
| Santa Comba | 7-0 | Zas | 
| Soneira | 0-2 | Camariñas | 
| Muros | 2-2 | Cee | 
| Baio | 03-3 | Malpica | 
| Porteño | 1-3 | Muxía | 
| Cabana | 3-5 | Outes | 
| Dumbría | 12-0 | Ponteceso | 
2ª Infantil, xornada 25
| Santa Comba | 9-1 | Corme | 
| E.M.F. Vimianzo | 0-1 | Coristanco | 
| Cabana | 7-0 | Esteirana | 
| Muxía | 7-0 | As Baleas | 
| E.D. Os Miudos | 0-18 | Dumbría | 
| Baio | 0-5 | Cee | 
| Ponteceso | 0-7 | Con. de Carnota | 
Ligas de Veteranos, xornada 23
1ª División
| Bergantiños | 1-4 | Ponteceso | 
| Xv. Bergantiños | 3-4 | Nantón | 
| Vimianzo | 3-1 | Buño | 
| Castriz | 1-0 | San Román | 
| Camariñas | 2-1 | Bértoa | 
| Corcubión | 5-0 | San Lorenzo | 
| Baio | 1-1 | Zas | 
2ª División
| Dep. Carballo | 0-0 | Camelle | 
| Sofán | 1-2 | Malpica | 
| Agualada | 1-5 | Porteño | 
| Corcoesto | 1-1 | Soneira | 
| Corme | 2-3 | Cerqueda | 
| Coristanco | 11-0 | Club do Mar | 
| At. Milagrosa | 0-1 | Muros | 
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
	- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).