Axenda futboleira dunha fin de semana de Copa e Fases de Ascenso
Achegándonos a xuño e cada día son menos os partidos que temos en liza. Xa coas Ligas finiquitadas (faltan as de F8 Norte) teremos unha fin de semana de auténtico sabor copeiro e de Fases de Ascenso. Xa saben que en www.copadacosta.com teñen todos os Cadros das Copas da Costa e mais das Promocións de Ascenso que atinxen a todas as categorías.
E comezamos o repaso pola volta dos Oitavos da Copa da Costa. Lembramos os sancionados para a Copa: Miguel A. Formosoo, do Volantes, David Dourado, do Buño con 2 partidos, e o delegado e adestrador do Soneira.
Así, co Malpica, o Dumbría e o Corme xa metidos tralos partidos de ida, estaremos atentos ao choque de Cee co Outes, ao tenso Volantes-Zas, ou ao igualado Ponteceso-Baio. Ademais, o Ameixenda aínda ten posibilidades de dar a sorpresa ante un XSC ao que a Copa lle pode camuflar un pouco a temporada.
E todos co Sofán, sobre todo o Volantes, na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. Trala vitoria inicial do Val do Ulla, o cadro carballés non pode perder na casa ante o Sálvora.
Arrincan tamén as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil, neste inicio con 3 participantes costeiros, os 3 campións. Será unha fin de semana completa, cun triangular de dous partidos e o que gañe pasará á seguinte eliminatoria, xa unha final. O Dumbría Xuvenil poderá pechar un ano histórico gañando absolutamente todo; O XSC cadete ten opcións de manter un equipo en categoría autonómica; e o Cee buscará o ascenso tralo seu doblete. Se non gañan pasarán á repesca, coincidindo cos Esteirana Xuv. e o Cabana cadete.
Os peques teñen o seu protagonismo. Na Liga Galega Infantil, o Dumbría está a piques de cerciorar a permanencia mentres que o XSC está case que descendido.
Polo Norte seguen cas Ligas F8, e ademais terá lugar nos pavillóns da Costa Bergantiñá os Campionatos Provinciais de Fútbol Sala, coa presencia de varios equipos costeiros.
E como non, os Veteranos seguen ca súa Copa e este domingo coñeceremos aos cuartofinalistas, tendo xa un pé nos Cuartos do Soneira, o Dumbría e o Laxe.
E ademais de todas estas competicións oficiais, arrinca este domingo o torneo estival máis auténtico, o 37º Campionato de Barrios de Esteiro. E o fará este domingo 25 de maio ás 19:00h coa tradicional revancha da final da edición anterior. Neste caso van enfrontarse os equipos do Independiente e o Ciclóns.
Copa da Costa, Volta dos Oitavos
- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete
Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 14
Dumbría | 25/05 - 11:30 | Milladoiro |
XSC | 24/05 - 12:30 | Orillamar |
Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 15
Cabana | 23/05 - 19:30 | Baio |
Muxía | 23/05 - 20:00 | Sofán |
Coristanco | 24/05 - 17:00 | As Baleas |
EFM Vimianzo | 30/05 - 19:45 | Corme |
- Descansa EFB Corcubión.
Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 15
Cabana | 23/05 - 18:30 | Baio |
Muxía | 23/05 - 21:00 | Sofán |
As Baleas B | 24/05 - 10:30 | Ponteceso |
Coristanco | 24/05 - 16:00 | As Baleas A |
E.M.F. Vimianzo | 30/05 - 18:30 | Corme |
Campionatos Provinciais de FS
Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Oitavos
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
37º Campionato de Barrios de Esteiro
Independiente | 25/05 - 19:00 | Ciclóns |
Máis información
- www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Os Biberóns afrontan os Provinciais de FS e a Fase Final de F8.
- Copa Infantil: O Cee culmina o doblete.
- Copa Xuvenil: O Dumbría gáñao todo.
- Copa da Costa: Malpica, Dumbría e Corme meten un pé nos Cuartos.
- Preferente: O XSC queda pendente dos ascensos.
- Crónica e resultados dunha fin de semana copeira no Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- O 37º Campionato de Barrios de Esteiro arrinca coa revancha da final do ano pasado.
- Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv..
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- 4 campións con Biberón.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).