Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: O XSC queda pendente dos ascensos

Preferente: O XSC queda pendente dos ascensos
Un 11 do XSC esta temporada-Foto-Jorge Parri

Necesita o XSC que SIlva ou Viveiro ascendan á 3ª División na Promoción para manter a categoría. A 14ª praza dos xalleiros neste remate da Preferente déixaos virtualmente descendidos, por mor dos arrastres da 3ª. Pero aínda ten un atisbo de esperanza o cadro xalleiro, pois se Silva ou Viveiro conseguen o ascenso, o XSC sería o equipo que aproveitaría a primeira praza libre mantendo a categoría. Así que a temporada aínda non acabou para o XSC malia que non queden máis partidos.

O que si que xa se despediu seguro da categoría foi o Soneira, que aguantou máis dunha hora no derbi ante o Dumbría pero acabou goleado. Difícil temporada para a familia soneirá que, en todo caso, ten un futuro alentador coa cantidade de xogadores novos que conta no plantel para os vindeiros anos. A campaña 2014-2015 estará na 1ª.

Pola súa parte, o Dumbría culmina un ano espectacular nesta Preferente, loitando ata as últimas xornadas pola Promoción, o que dá pé a pensar que o ano que vén (ollo que pode haber cambios na estrutura) o equipo terá como obxectivo o ascenso.

Ollo, que os tres continúan na Copa, e se ben o Soneira caía estrepitosamente ante o Corme, o XSC terá que aguantar unha renda mínima ante o Ameixenda, mentres o Dumbría xa ten un pé nos Cuartos.

Xallas StComba - Viveiro (0-0)

  • XSC: Diego, Rubén, Darío, Jonathan, Rubio, César, Richi (Cristian, min.67), Alfonso, Arnejo (Mata, min.83), Jesús e Toño (Marcos, min.66).

Empate sen goles neste choque entre o 4º clasificado e o 14º. O XSC necesitaba facer o mesmo que o Val para quedar por riba, polo que a derrota do cadro ferrolán ante o Bergantiños deixa ao XSC na 7ª praza por abaixo. Depende así o XSC do ascenso do propio Viveiro, ou do Silva (un ascenso lle chega) para manter a categoría.

No tocante ao partido, foi aburrido, sen ocasións e merecedor dun soso 0-0.

Dumbría - Soneira (5-0)

Adrian Nieto foi protagonista no derbi co Dumbria
  • DUMBRÍA: Iván Couto, David Carreira, Oscarín (Jose, min.60), Rudi Cotelo, Aarón Fdez., Cote (Rivi, min.46), Luisito (Jesús, min.46), Jota, Pablo Muíño, Dani Casal (Iago, min.70) e Adrián Nieto.
  • SONEIRA: Víctor, Víctor, Maikel, Fran de Urroa, Mayor, Sito, Brais, De la Sierra, Figueroa, Basti, Javi e Baba. Tamén xogaron: Jose, Leo e Richi.
  • Goles: 1-0, min.35: Adrián Nieto; 2-0, min.70: Adrián Nieto; 3-0, min.75: Pablo Muíño; 4-0, min.85: Adrián Nieto; 5-0, min.88: Adrián Nieto.

Non foi tan claro o partido como amosa o resultado pero un sprint final do Dumbría aproveitando o baixón soneirán ampliou a renda ata a goleada, cun Adrián Nieto que, no último momento, completou o seu mellor partido como dumbriés. O pechacancelas aguantou ao cadro dumbriés durante todo o primeiro tempo e a metade do segundo, pero coa chegada do segundo gol, cando mellor estaban os vimianceses, no ecuador do segundo tempo, acabou de matalos. Saíron do campo e Adrián Nieto aproveitou para culminar a súa goleada.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios