mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda futboleira dunha fin de semana de Copa e Fases de Ascenso

Axenda futboleira dunha fin de semana de Copa e Fases de Ascenso
Imaxe da Copa entre Buno e Dumbria-foto-David Castro

Achegándonos a xuño e cada día son menos os partidos que temos en liza. Xa coas Ligas finiquitadas (faltan as de F8 Norte) teremos unha fin de semana de auténtico sabor copeiro e de Fases de Ascenso. Xa saben que en www.copadacosta.com teñen todos os Cadros das Copas da Costa e mais das Promocións de Ascenso que atinxen a todas as categorías.

E comezamos o repaso pola volta dos Oitavos da Copa da Costa. Lembramos os sancionados para a Copa: Miguel A. Formosoo, do Volantes, David Dourado, do Buño con 2 partidos, e o delegado e adestrador do Soneira.
Así, co Malpica, o Dumbría e o Corme xa metidos tralos partidos de ida, estaremos atentos ao choque de Cee co Outes, ao tenso Volantes-Zas, ou ao igualado Ponteceso-Baio. Ademais, o Ameixenda aínda ten posibilidades de dar a sorpresa ante un XSC ao que a Copa lle pode camuflar un pouco a temporada.

E todos co Sofán, sobre todo o Volantes, na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. Trala vitoria inicial do Val do Ulla, o cadro carballés non pode perder na casa ante o Sálvora.

Arrincan tamén as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil, neste inicio con 3 participantes costeiros, os 3 campións. Será unha fin de semana completa, cun triangular de dous partidos e o que gañe pasará á seguinte eliminatoria, xa unha final. O Dumbría Xuvenil poderá pechar un ano histórico gañando absolutamente todo; O XSC cadete ten opcións de manter un equipo en categoría autonómica; e o Cee buscará o ascenso tralo seu doblete. Se non gañan pasarán á repesca, coincidindo cos Esteirana Xuv. e o Cabana cadete.

Os peques teñen o seu protagonismo. Na Liga Galega Infantil, o Dumbría está a piques de cerciorar a permanencia mentres que o XSC está case que descendido.
Polo Norte seguen cas Ligas F8, e ademais terá lugar nos pavillóns da Costa Bergantiñá os Campionatos Provinciais de Fútbol Sala, coa presencia de varios equipos costeiros.

E como non, os Veteranos seguen ca súa Copa e este domingo coñeceremos aos cuartofinalistas, tendo xa un pé nos Cuartos do Soneira, o Dumbría e o Laxe.

E ademais de todas estas competicións oficiais, arrinca este domingo o torneo estival máis auténtico, o 37º Campionato de Barrios de Esteiro. E o fará este domingo 25 de maio ás 19:00h coa tradicional revancha da final da edición anterior. Neste caso van enfrontarse os equipos do Independiente e o Ciclóns.

Copa da Costa, Volta dos Oitavos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil


Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 14

Dumbría 25/05 - 11:30Milladoiro
XSC 24/05 - 12:30Orillamar

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 15

Cabana 23/05 - 19:30 Baio
Muxía 23/05 - 20:00 Sofán
Coristanco 24/05 - 17:00 As Baleas
EFM Vimianzo 30/05 - 19:45 Corme
  • Descansa EFB Corcubión.

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 15

Cabana 23/05 - 18:30 Baio
Muxía 23/05 - 21:00 Sofán
As Baleas B 24/05 - 10:30 Ponteceso
Coristanco 24/05 - 16:00 As Baleas A
E.M.F. Vimianzo 30/05 - 18:30 Corme

Campionatos Provinciais de FS


Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Oitavos


37º Campionato de Barrios de Esteiro

Independiente25/05 - 19:00Ciclóns

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios