Tras facer un repaso á Axenda Deportiva dos ACB Costa da Morte, Fisober, Xiria e Anorthosis, este venres centramos a atención da previa no #futboldacosta. Esta fin de semana de 24 e 25 de marzo prevese intensamente futboleira.
Na Preferente, os nosos terán enfrontamentos moi complicados. O Xallas visita o campo do 2º, o Narón, puidendo facerlle un favor ao seu veciño laranxa. Precisamente o Santa Comba terá que sumar si ou si ante o Dubra, que está a tan só 5 puntos. Ademais, o Dumbría poderá botarlle tamén unha man aos xalleiros se suma en Laracha (5º empatado co cadro laranxa), mentres que o Soneira recibirá, nada menos que ao Compostela.
En 1ª, o Ponteceso recibe ao potente Silva, mentres que o Cee poderá traer unha alegría de Perlío.
A atención da Liga da Costa terá dous polos: por arriba o Fisterra-Malpica na loita pola 3ª praza; e por abaixo o Nantón-Corcubión, partido chave para os cabaneses se non queren deixar escapar aos seus inmediatos. Ademais, o Esteirana-Club do Mar e o Muros-Camariñas serán boas pedras de toque para os primeiros clasificados.
A 3ª terá o choque entre Outes e Montelouro como un dos destacados. O 2º terá que superar ao 4º clasificado, que tampouco pode deixarse máis puntos se non quere perder opcións de entrar entre os 6 primeiros. Nesa loita os Porteño e Volantes, con 6 puntos de diferencia, terán un choque definitivo para saber se o cadro camariñán mantén opcións de loitar por esa 6ª praza.
Na Fase Xuvenil o choque máis interesante será o de Cee, que recibirá ao Malpica para non deixalo escapar máis.
Reunión para a Copa en Baio
Este venres 23 de marzo, ás 20:00
horas, a Asociación de Clubes de Fútbol Federado da Costa da Morte celebra outra reunión no pavillón de Baio. Desta volta, ademais de repasar o asunto dos ascensos e a orde da última xuntanza, tratarán a Copa da Costa 2012.
Ademais, xa hai equipos quenon participarán na Copa, como son Castriz, Dumbría B, Atl. Pereiriña, Fisterra B, Xaviña e Soneira B. Por tanto serán 37 os equipos participantes, polo que será necesario unha fase previa con 5 enfrontamentos antes dos Dezaseisavos.
Preferente, xornada29
Narón
25/03 - 17:00
Xallas
Laracha
25/03 - 17:00
Dumbría
Soneira
25/03 - 17:00
Compostela
Santa Comba
25/03 - 17:00
Dubra
1ª Autonómica, xornada 28
Ponteceso
24/03 - 16:00
Silva
Perlío
25/03 - 16:30
Cee
2ª Autonómica, xornada 28
Fisterra
24/03 - 16:30
Malpica
Esteirana
24/03 - 17:00
Club do Mar
Dumbría B
25/03 - 16:30
Corme
Muros
25/03 - 16:30
Camariñas
San Lorenzo
25/03 - 16:30
Baio
Mazaricos
25/03 - 16:30
O Pindo
Nantón
25/03 - 16:30
Corcubión
Zas
25/03 - 17:00
Sofán
Castriz
25/03 - 17:15
Buño
3ª Autonómica, xornada 32
Camelle
24/03 - 17:00
Laxe
Indep. Carballo
24/03 - 17:00
Muxía
Soneira B
25/03 - 12:15
Cabana
Carnota
25/03 - 16:30
Lira
Cerqueda
25/03 - 16:30
Atl. Pereiriña
Alcaián
25/03 - 16:30
Coristanco
Porteño
25/03 - 16:30
Volantes
Outes
25/03 - 17:00
Montelouro
Fisterra B
25/03 - 18:00
Xaviña
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8