3ª Autonómica: Doble loita aberta

17:50 19/03/12
A falta de 7 xornadas para o final da liga semella que vai haber dúas loitas ben diferenciadas, agora que xa coñecemos o sistema de ascensos. Carnota, Outes e Cabana, que se moven en tres puntos de diferenza, todo apunta a que xogaran tanto polo título de liga, como polos dous primeiros postos que dan lugar ao ascenso directo, o terceiro terá que xogar o playoff e arriscarse a quedar mal situado.
O segundo grupo, formado polo Montelouro, Coristanco, Cerqueda, Volantes, Porteño e en menor medida o Laxe, xogarán por meterse entre os seis primeiros para xogar o playoff de ascenso.
A xornada deste fin de semana tan só nos serviu para ver como o Porteño non se descolgaba e batía apuradamente ao Montelouro que pese a facer un bo partido, segue con moita irregularidade e regalando puntos na casa que o pode pagar ao final da tempada. Outro triunfo importante foi o do Cerqueda ante un rival directo como o Coristanco, que xunto coa derrota do Montelouro o engancha de pleno na loita polo ascenso. Outro que segue nunha racha moi boa é o Independiente que está a demostrar que de comezar un pouco mellor podería estar loitando polos postos de ascenso.
Partido con pouca historia onde o principal protagonista foi o árbitro, que pita en Preferente, o cormelán Bruno Méndez. Nun partido no que non houbo unha patada expulsou a catro xogadores dous de cada equipo. Non debeu ver suficiente isto que a saída do campo provocou a uns aficionados que estaban a ver o encontro lanzándolle bicos desde a porta do seu vestiario. Os dous equipos queixáronse moito da actuación do árbitro, estando de acordo os dous bandos de que todas as expulsións foron inxustas.
En canto se refire ao futbolístico, no Coristanco debutarían os novos fichaxes Marquiños e Torreira, ex do Castriz, nun encontro sen moitas ocasións claras. No minuto dous Dieguito cun auténtico golazo desde o centro do campo adiantaba ao Cerqueda. No minuto 20, o equipo local quedaría cun home menos logo de que o árbitro expulsara a Pombo con dobre amoestación por "protestar" segundo o colexiado. Marcos no minuto 27 empataría o encontro desde os once metros. Cinco minutos despois, Álex puido poñer por diante de novo ao Cerqueda cun cabezazo que se foi rozando o pau.
Aos cinco minutos da segunda parte, Juanjo poñería o 1-2 definitivo ao aproveitar un erro da defensa coristanquesa. E a partir desto, comezaría o show do colexiado expulsando mediada a segunda parte a Dieguito logo de ensinarlle o segundo cartón sen motivo algún. No minuto 70, tamén expulsaría a Alex tamén ao ensinarlle o segundo cartón amarelo por unha caída dentro da área na que o colexiado interpretou que simulou. E xa no minuto 90, expulsaría a Óscar con cartón vermello por unha pequena falta, que non era motivo de tanto castigo.
Aquí vos queda o gol defintivo de Juanjo:
Coristanco - Cerqueda (1-2)

- CORISTANCO: Pombo, Marquiños, Marcos, Óscar, Luis, Adrián, Sergio (Pazos, min.60), Benitez (Edgar, min.70), Torreira, Arantón e Mallón (Gonzalo, min.20)
- CERQUEDA: Rubén, Jorge, Javi, Dani, Javi Pazos, Santi (Cota, min.57), Manu, Lorenzo, Dieguito, Alex e You (Juanjo, min.46).
- Goles: 0-1, min.2: Dieguito; 1-1, min.27: Marcos, de penalti; 1-2, min.50: Juanjo.
- Expulsións: Os locais Pombo (min.13) e Óscar (min.93), e os visitantes, Dieguito (min.66) e Alex (min.70).

Laxe - Carnota (0-4)
- LAXE: Illote (Jacobo, min.46), Zaleta, Rellán (Iván, min.46) Naya, Aarón, Jacinto (Roi, min.65), Borja, Darío, Samuel, Iván (Rivera, min.46) e Zúrich.
- CARNOTA: Peipo, Manolo Chouza, Pedro, Sergio Manín, David de Brea, Tono da Caixa, Rodrigo, Jacobo, Pumuky, Manoliño e Casti.
- Goles: 0-1, min.3: Casti; 0-2, min.65: Casti; 0-3, min.77: Manoliño; 0-4, min.82: Manoliño.
Cabana - Fisterra B (6-0)
- CABANA: Añón, Eloy García, Fariña, Marcos, José, Sandro, Adrián, Rubén Rama, Diego (Eliseo m.60), Fernando e Adrián Santamarina.
- FISTERRA B: David Perlón, Juanjete, Eloy, Pablo, Noé, Gabinho, Rubia, Santi, Pirri, José da Anchoa e Cartamil.
- Goles: 1-0, min.6: Adrián; 2-0, min.18: Adrián Santamarina; 3-0, min.34: Sandro; 4-0, min.50: Sandro; 5-0, min.66: Eliseo; 6-0, min.80: Fernando.
Muxía - Soneira B (5-3)

- MUXÍA: Jose Antonio, Jose Manuel, Martinciño, Fabián (Juan do Coral, min.46), Pataca, Ángel Luís, Felipe, Julián, Arxires, Peski e Rául.
- SONEIRA B: Antoniño, Chuchi, Curra, Alberto, Hector, Aaron (Pichón, min.76), Dani, Quilmes, Marquitos (Anthony, min.64), Cristian Canosa e Cristian Figueroa.
- Goles: 0-1, min.12: Cristian Canosa; 1-1, min.17: Felipe; 1-2, min.36: Cristian Canosa; 1-3, min.42: Curra; 2-3, min.52: Ángel Luís; 3-3, min.64: Pataca; 4-3, min.85: Peski; 5-3, min.86: Arxires.

Atl. Pereiriña - Independiente (1-3)
- ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille, Javichu, Mateo (Javi, min.46), Alvaro Fiuza, Adán, Poki, Morcillo, Néstor e Víctor.
- INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Juni, Rubén, Carlos, Gustavo, Brian (Toni, min.35), Rafa, Dani Rosalia, Brais e Jorge.
- Goles: 0-1, min.40: Juni; 0-2, min.44: Jorge; 0-3, min.75: Gustavo; 1-3, min.85: Poki, de falta directa.
- Lesión: O visitante Brian (min.35) con problemas nun abdutor.
Xaviña - Camelle (1-4)
- XAVIÑA: Pablo, Diango, Juan Antonio, Sergio, Rubén, Adrián, Búa, Martín, Diego e Elvis.
- CAMELLE: Carlos Purrúa, Adrián (Coruña, min.75), Manuel, Mauri (Valiña, min.60), Carlos de Dido, René, Varu (Tedín, min.63), Jose, Sergio (Buri, min.75), Barreiro (Alberto, min.85) e Mario.
- Goles: 1-0, min.20: Elvis; 1-1, min.35: Barreiro; 1-2, min.38: René, de penalti; 1-3, min.43: Barreiro; 1-4, min.78: Barreiro.
- Expulsión: O local Elvis (min.48) con cartón vermello directo por protestar.
Volantes - Alcaián (3-0)

- VOLANTES: Iago, Fran, Paquy (Benja, min.63), Josiño, Juan, Brais, Ramón (Nimo, min.52), Seluco, Pardelo (Piru, min.52), Piti e Ivi (Edu, min.52)
- ALCAIÁN: Rizos, Dani, París, Diego, Rubén, Víctor Pazos, Framil, Luisito, Nahuel, Daviciño e Roberto.
- Goles: 1-0, min.5: Piti; 2-0, min.64: Piti; 3-0, min.75: Brais.
- Expulsión: O visitante Dani (min.52) por dobre cartón amarelo.

Corcoesto - Outes (1-5)
- CORCOESTO: Siro, Miguel (Xabi, min.70), Edelmiro, Pichón, Pablo, Manuel, Javi, Germán, Miguel, Couto e Héctor.
- OUTES: Gato (Víctor, min.62), Saúl, Martín (Lass, min.77), Chúa, David, Arturo, Fabio (Damián, min.70), Deivi, Kin (Potro, min.46) e Pesco (Fernando, min.66)
- Goles: 0-1, min.17: Lago; 0-2, min.39: Deivi; 0-3, min.40: Deivi; 1-3, min.44: Héctor; 1-4, min.53: Lago; 1-5, min.58: Deivi.
- Expulsión: O local Miguel (min.89) con dobre cartón amarelo.
Montelouro - Porteño (0-1)

- MONTELOURO: Isma, Pablo, Juan, Pedro, Alvaro, Chema, Denías (Jarondo, min.85), Raúl (Teo, min.50), Geiko, Rico e Pesco.
- PORTEÑO: Jimy, Brais, Pejo, Pirucho, Oscar, Piti (David Cadete, min.85), Ismael, Brais Grela, Cousillas, Jorgito e Wi (Iago Sestayo, min.75).
- Gol: 0-1, min.70: Piti, de penalti.
- Expulsións: O local Alvaro (min.70) e o visitante Cousillas (min.75), ambos por dobre cartón amarelo.

Nova relacionadas
- David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: Suma o que máis o precisa.
- 1ª Autonómica: O Cee despídese.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co porteiro fisterrán Joselu.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora Blog de Luigi no Deporte e na Costa e David Castro.