Venres. 19.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee despídese

1ª Autonómica: O Cee despídese

Mala, novamente, a xornada na 1ª para os nosos equipos. Se o Ponteceso non podía cun forte Riveira, o Cee deixaba unha mala imaxe ante o equipo que marca a salvación. Con esta derrota di practicamente adeus a categoría o cadro ceense pois quedan 7 partidos e a distancia xa é de 12 puntos.

Cee - Cariño (0-3)

  • CEE: Parroto (Ivan, min.55), Nico, Jorge (Carlos, min.55), Julio (Llanero, min.77), Luis, Rafa, Chiru (Uri, min.61) Moncho (Aitor, min.46) Victor, Angel, Tasky.
  • Goles: 0-1, min.20; 0-2, min.42; 0-3, min.84.
  • Lesión; Julio cunha escordadura de nocello.

Incomprensible a imaxe do Cee no que era o último vagón do tren da permancencia. Un Cee que estivo fatal na primeira parte, na que só inquedou a portería visitante cun cabezazo de Ángel no minuto 6. Adiantábase aos 20 minutos o Cariño logo dunha mala saída de Parroto tras un centro.
O dominio do partido seguía sendo do cadro visitante e no min.42 Alex aproveitábase dunha partida de Rafa para sentenciar o partido.

Cos cambios melloraron a imaxe os de Llanero que gozaron de ocasións para recortar o marcador. Jorgito desde a frontal primeiro e Angel logo dunha grandísima xogada de Víctor, que volvía a ser o mellor, foron as mellores ocasións dos locais. O terceiro gol chegaría ao saque dunha falta ante a que Iván nada puido facer.

Ademais da derrota, os ceenses teñen que lamentar unha nova lesion, a de Julio cunha posible escordadura de nocello.

Atl. Riveira - Ponteceso (3-0)

  • PONTECESO: Diego (Xurxo, min.80), Rubén (Fabi, min.80), Dani Pallas, Tucho, Jorge (Alex, min.65), Luisete, Borja (Adrián, min.70), Puente, Alberto Recarey, Toniño (Lorenzo, min.75).
  • Goles: 1-0, min.22; 2-0, min.60; 3-0 , min.85.
  • Lesión: Toniño no 75.

Non puido o Ponteceso ante un Riveira moi potente. Primeira metade moi igualada na que os visitantes tiveton opcións de poñerse por diante. Luisete tivo unha só diante do porteiro e no rexeite Toniño mandou ao longueiro. Borja tamén tivo unha boa ocasión para empatar, xa co 1-0, ao fío do descanso, pero mandou ao pao diante do porteiro ao pao.

0-1 ao descanso con esas 3 ocasións moi claras e con moi bo xogo por parte dos pontecesáns, a pesar da xuventude e os 4 xuvenís de inicio e os 7 na convocatoria de Marco.
Na segunda metade a veteranía e os cambios do Riveira foron claves e o cadro da Barbanza foi superior asinando dous novos tantos. Marco puido darlle minutos a todos e aínda así os visitantes renzaron moi boas xogadas.

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios