![Imaxe do Dumbria-Soneira da semana pasada]()
Tras facer un repaso á 
Axenda Deportiva dos ACB Costa da Morte, Fisober, Xiria e Anorthosis, este venres centramos a atención da previa no #futboldacosta. Esta fin de semana de 24 e 25 de marzo prevese intensamente futboleira.
Na 
Preferente, os nosos terán enfrontamentos moi complicados. O Xallas visita o campo do 2º, o Narón, puidendo facerlle un favor ao seu veciño laranxa. Precisamente o Santa Comba terá que sumar si ou si ante o Dubra, que está a tan só 5 puntos. Ademais, o Dumbría poderá botarlle tamén unha man aos xalleiros se suma en Laracha (5º empatado co cadro laranxa), mentres que o Soneira recibirá, nada menos que ao Compostela.
En 
1ª, o Ponteceso recibe ao potente Silva, mentres que o Cee poderá traer unha alegría de Perlío.
A atención da 
Liga da Costa terá dous polos: por arriba o Fisterra-Malpica na loita pola 3ª praza; e por abaixo o Nantón-Corcubión, partido chave para os cabaneses se non queren deixar escapar aos seus inmediatos. Ademais, o Esteirana-Club do Mar e o Muros-Camariñas serán boas pedras de toque para os primeiros clasificados.
A 
3ª terá o choque entre Outes e Montelouro como un dos destacados. O 2º terá que superar ao 4º clasificado, que tampouco pode deixarse máis puntos se non quere perder opcións de entrar entre os 6 primeiros. Nesa loita os Porteño e Volantes, con 6 puntos de diferencia, terán un choque definitivo para saber se o cadro camariñán mantén opcións de loitar por esa 6ª praza.
Na 
Fase Xuvenil o choque máis interesante será o de Cee, que recibirá ao Malpica para non deixalo escapar máis.
Reunión para a Copa en Baio
Este 
venres 23 de marzo, ás 20:00
horas, a Asociación de Clubes de Fútbol Federado da Costa da Morte celebra outra reunión no pavillón de Baio. Desta volta, ademais 
de repasar o asunto dos ascensos e a orde da última xuntanza, tratarán a Copa da Costa 2012.
Ademais, xa hai equipos quenon participarán na Copa, como son Castriz, Dumbría B, Atl. Pereiriña, Fisterra B, Xaviña e Soneira B. Por tanto serán 37 os equipos participantes, polo que será necesario unha fase previa con 5 enfrontamentos antes dos Dezaseisavos.
Preferente, xornada29
| Narón | 25/03 - 17:00 | Xallas | 
| Laracha | 25/03 - 17:00 | Dumbría | 
| Soneira | 25/03 - 17:00 | Compostela | 
| Santa Comba | 25/03 - 17:00 | Dubra | 
1ª Autonómica, xornada 28
| Ponteceso | 24/03 - 16:00 | Silva | 
| Perlío | 25/03 - 16:30 | Cee | 
2ª Autonómica, xornada 28
| Fisterra | 24/03 - 16:30 | Malpica | 
| Esteirana | 24/03 - 17:00 | Club do Mar | 
| Dumbría B | 25/03 - 16:30 | Corme | 
| Muros | 25/03 - 16:30 | Camariñas | 
| San Lorenzo | 25/03 - 16:30 | Baio | 
| Mazaricos | 25/03 - 16:30 | O Pindo | 
| Nantón | 25/03 - 16:30 | Corcubión | 
| Zas | 25/03 - 17:00 | Sofán | 
| Castriz | 25/03 - 17:15 | Buño | 
3ª Autonómica, xornada 32
| Camelle | 24/03 - 17:00 | Laxe | 
| Indep. Carballo | 24/03 - 17:00 | Muxía | 
| Soneira B | 25/03 - 12:15 | Cabana | 
| Carnota | 25/03 - 16:30 | Lira | 
| Cerqueda | 25/03 - 16:30 | Atl. Pereiriña | 
| Alcaián | 25/03 - 16:30 | Coristanco | 
| Porteño | 25/03 - 16:30 | Volantes | 
| Outes | 25/03 - 17:00 | Montelouro | 
| Fisterra B | 25/03 - 18:00 | Xaviña | 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8
| Santa Comba | 24/03 - 16:00 | Dumbría B | 
| Soneira | 24/03 - 16:30 | Corcubión | 
| Baio | 24/03 - 16:30 | Camariñas | 
| Cee | 24/03 - 16:30 | Malpica | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 8
| Coristanco | 24/03 - 16:30 | Zas | 
| Esteirana | 25/03 - 12:15 | Outes | 
| Fisterra | 25/03 - 16:00 | Dumbría | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 7
| Corme | 24/03 - 16:30 | Ponteceso | 
| Cabana | 24/03 - 18:00 | Mazaricos | 
| Descansa Muros | 
2ª Cadete, xornada 28
| Ponteceso | 24/03 - 10:30 | Fisterra | 
| Muxía | 24/03 - 10:30 | Esteirana | 
| Zas | 24/03 - 10:30 | Dumbría | 
| Outes | 24/03 - 10:30 | Baio | 
| Muros | 24/03 - 10:30 | Soneira | 
| Malpica | 24/03 - 16:00 | Coristanco | 
| Cee | 24/03 - 19:00 | Santa Comba | 
| Camariñas | 25/03 - 12:00 | Porteño | 
2ª Infantil, xornada 28
| Dumbría | 24/03 - 11:00 | Outes | 
| Esteirana | 25/03 - 10:30 | Coristanco | 
| Con. de Carnota | 25/03 - 10:30 | Fisterra | 
| Corme | 25/03 - 10:30 | Cabana | 
| As Baleas | 25/03 - 10:30 | Ponteceso | 
| Baio | 25/03 - 10:30 | Muxía | 
| Cee | 25/03 - 16:00 | Santa Comba | 
Ligas de Veteranos, xornada 26
1ª Autonómica
| Buño | 25/03 - 11:00 | Nantón | 
| San Román | 25/03 - 11:30 en Nantón | Cabana | 
| Bértoa | 25/03 - 10:00 | Xv. Bergantiños | 
| Zas | 25/03 - 11:00 | Vimianzo | 
| Ponteceso | 25/03 - 11:00 | Castriz | 
| San Lorenzo | 25/03 - 11:00 | Camariñas | 
| Corcubión | 25/03 - 11:00 | Baio | 
2ª División
| Agualada | 25/03 - 11:00 | Sofán | 
| Camelle | 25/03 - 11:00 en Laxe | Leiloio | 
| Muros | 25/03 - 11:00 | Malpica | 
| Soneira | 25/03 - 10:00 | Porteño | 
| Cerqueda | 25/03 - 11:00 | Dep. Carballo | 
| Club do Mar | 25/03 - 12:00 | At. Milagrosa | 
| Coristanco | 25/03 - 11:00 | Corcoesto | 
Nova relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
	- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).