Basket: O Xiria acada o ascenso a 1ª
A nova da fin de semana para o baloncesto costeiro foi, sen dúbida, o ascenso dos Sénior do Carballo Basket Xiria á 1ª División Autonómica. Os carballeses vencían ao CB Arteixo e confirmaban, a falta de unha xornada, o seu ascenso á categoría galega, un novo éxito para o deporte carballés.
No resto da xornada carballesa non foron bos os resultados. O contrario que por Cee, pois foi unha boa fin de semana para o baloncesto ACB Costa da Morte ca melloría das categorías inferiores, aínda que a nota discordante estivo na mala actuación dun árbitro cos senior que condicionaría totalmente o partido e outro mal encontro dos junior na Coruña.
Familia ACB
4ª División Sénior Masculino
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB LARACHA M3 (41-56).
- Parciais: 9-12; 22-25; 31-40; 41-56.
- ACB: Manu (3,1T), Lucas, Déril (8),Sergio (3,1T), Tinin (11) - CINCO INICIAL – Pais (12), Nefri (2), Cristian (2), José e Luciano.
2ª División Junior Masculino
- Resultado: BASKET CORUÑA 98B – CE CUME CEE (48-18)
2ª División Infantil Masculino
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – UNIVERSITARIO FERROL (83-29)
2ª División Infantil Feminino
- Resultado: UNIVERSITARIO DE FERROL B – FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (31-34)
Familia Artai
Junio Masculino - Fase de Ascenso - Xornada 5
- Resultado: B NARÓN - EB XIRIA (80-50).
- Parciais: 11-18; 34-24; 55-39; 80-50.
- EB XIRIA (18+6+15+11): Luciano (2) Iván, Juan, Adrián, Diego (13), Antonio (2), Andrés (11), Sergio (9), Mario (11), Marcos e Fran.
Partido xogado na mañá do domingo no pavillón naronés, con menos de medio centenar de seguidores nas gradas. Repetiuse o que vén sucedendo nas xornadas anteriores da fase de ascenso: boa primeira parte dos carballeses, sobre todo o primeiro cuarto, para caer claramente nos dous cuartos finais. A única diferenza respecto de os partidos anteriores foi que o equipo rival, o CB Narón, tivo na súa base, Picallo, un xogador imparable para os carballeses. O mellor xogador da categoría, sen ningunha dúbida, foise aos 48 puntos, dous menos que a totalidade do persoal carballesa. Deu un auténtico “máster” de dirección de xogo e sobre todo de anotación. A nota positiva, dadas as ausencias de Javi, Alberto e Xoel foi a participación de dúas cadetes, Adrián e o debut de Luciano.
1ª Div. Junior Masc. – xornada 19
- Resultado: LUB BALONCESTO ARTAI - ESTUDIANTES LUGO (53-95).
- Parciais: 10-14; 27-31; 44-63; 53-95.
- CB ARTAI (10+17+17+9):Aítor (2), Jorge (10), Pablo (3), Carlos (15), Marcos (4), Dani (3), Xabi (8), Enrique (3), Jaime (4) e Manu.
Cadete Masculino - 2ª División - Xornada 18
- Resultado: CB Artai - CB CULLEREDO (36-44).
- Parciais: 13-16; 22-22; 32-30; 36-44.
- CB Artai (13+9+10+4): Jota (14), Javi Souto (5), Raúl, Juan López (3), Luciano (3), Santi, Javi López (2), Santi Rey,Pablo Sueiro (5) e Adrián (4).
Visitaba o líder a pista carballesa e tivo que suar e esperar ao último cuarto para levarse a vitoria e manterse invicto. Boa formulación o do técnico local quen durante os tres primeiros cuartos foi capaz de impoñer o seu modo de xogo pese ás importantes baixas de Pozas e Anxo. Agarrados ao acerto anotador de Jota, máximo anotador local, só o último cuarto impediu que a vitoria quedásese en Carballo e romper a imbatibilidade dos líderes.
Crónicas da temporada
- Basket: O Basket Xiria, a un paso do ascenso.
- Basket: O ACB sabe gañar tamén fóra da casa e o Carballo, a un paso do ascenso.
- Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés.
- Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria.
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.