Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés


Completísima foi a fin de semana para as familias do baloncesto costeiro de Carballo e Cee. Polo sur da volta, a fin de semana trouxo unha de cal e de area nos equipos do ACB Costa da Morte, pois colleitaron unha gran vitoria na categoría Junior masculino, pero tamén unha gran derrota na infantil femenino.
E se a familia Artai sumou 4 vitorias e igual número de derrotas, esta fin de semana temos que parar un pouco máis na familia do Basket Xiria, que esta fin de semala celebraba por todo o alto os seus #30anosbasketxiria.
Menuda cea baile que montaron os "Amigos do Basket”, que xuntou a 170 persoas, na que houbo sorteos de cesta-baul valorado en 900€, regalos donados por deportes San Remo, camisetas asinadas de Obradoiro Rio Natura Monbus, Leyma Natura Basquet Coruña, Bilbao Basket, Laboral Kutxa e Movistar Estudiantes…
A cea celebrada no Pazo Vilar de Francos (grupo La Penela), foi moi emotiva pola participación de moitos ex xogadores e directivos que durante estos 30 anos defenderon a camiseta verde de Basket Xiria, revivindo vellos recordos con antigo compañeiros.
Na velada q se prolongou ata altas horas, asistiros tamen Patrocinadores (entre outros Luciano Calvo de Conservas Calvo, patrocinador principal) Escola Basket Xiria, entidades deportivas (Sysca, SD Sofan, Basquet Coruña...) e autoridades: Evencio Ferrero (exdirectivo de Xiria) alcalde Carballo e Marcos Trigo, Concelleiro de Deportes; Jose M. Lopez , alcalde de Laracha; Mariel Padin, vicepresidente da Deputacion da Coruña…
A fin de semana tamén foi histórica en materia deportiva, pois o Carballo Basket Xiria vencía ao Peleteiro, o seu gran rival, e se consolida líder da 2ª División Autonómica.
2ª División
- Resultado: Basket Carballo - Peleteiro (52-37)
- Basket Carballo: Roi (14), Luis Gómez (4), Héctor (5), Sergio Tomé (15), Javi Argüelles (5) -equipo inicial- Fran Cristóbal (1), José Tato (5), Juan Fernández, Pablo Moreira (3) e Rubén Pereira.

O partido entre o conxunto carballés, dirixido por Basilio Pampín e o santiagués, foi de gran respecto, con moita tensión pois había moito en xogo. A clave estivo no traballo defensivo. E iso que empezaron con certas carencias no tiro exterior, solventadas e melloradas a medida que pasaban os minutos. A velocidade e a colocación no balance defensivo ante un equipo que ten puntos á contra foron claves, como o dominio no rebote defensivo.
Familia ACB
4ª División Sénior Masculina
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - ADFRO
Partido aplazado para o 28 de marzo por falta de xogadores do equipo visitante.
2ª División Junior Masculina
- Resultado: CE CUME CEE - BASKET CORUÑA 98B (48-41).
Emocionante partido o que se desputou na ultima hora da tarde do sábado no pavillón municipal de Cee. O equipo dirixido por George mediase a un rival directo e o partido, ante un centenar de afeccionados, non defraudou. Mal arranque dos locais, onde só Adrián tiñas as ideas claras mentres que o resto do equipo aínda empezaba a espertar da sesta. Así remataba o primeiro periodo cunha vantaxe para os coruñeses de 5 puntos.
No segundo cuarto, nada cambiou, o equipo coruñés seguía acertado desde a liña de tres puntos e era esta vez Cristian Marcote o que se poñia o equipo ás costas para que a ventaxa non fora a máis.
Despois do descanso os ceenses saíron moito mais concentrados e recuperaron a vantaxe coruñesa xa antes de rematar e o final do periodo cunha defensa enorme onde case non encaixaron canastas. Así, con moitísma intensidade, colleitaron unha enorme vitotia por sete puntos colleitada nun magnífico último e decisivo cuarto.
2ª División Junior Feminina
- Resultado: ESCOLA BASKET XIRIA - ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE.
O partido tívose que aplazar para outra data aínda por determinar, as malas condicións da pista larachesa, o piso estaba moi esbaradizo e impracticable, o árbitro non tivo máis remedio que decretar a suspension do partido.
2ª División Infantil Feminino
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - BASKET CORUÑA 01 (21-106)
Partido sen historia onde as pequenas do ACB nada puderon facer ante un equipo moi superior fisicamente e que presionou a toda pista durante todo o encontro, buscando unha amplia vitoria.
2ª División Infantil Masculina
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - SALGADO MONTROVE (33-36)
Dura derrota do infantil masculino no pavillón municipal de Cee. No primeiro horario da tarde do sábado e ante un nutrido grupo de afeccionados viviase un partido emocionante que se acabou decidindo nos últimos minutos gracias o acerto no tiro libre do equipo coruñés. Pese a derrota, gran partido dos pequenos que se quedaron a un paso de levarse a vitoria e se manteñen nos primeiros postos da clasificación.
Familia Artai
1ª División Junior Masculina, xornada 16
- Resultado: PORRIÑO BB - CB ARTAI (74-65).
- Parciais: 19-18; 33-37; 49-41; 74-65.
- CB ARTAI: Jorge (18), Carlos (6), Pablo (25), Aítor (2),Marcos (10), Dani e Jaime (4).

Gran partido o visto na localidade pontevedresa, con dous equipos que pelexaron durante todo o partido en pos dunha vitoria que ao final quedou en casa. Enorme o mérito dos carballeses pois Javier Cotelo só puido contar con sete xogadores e un deles, Dani, aquejado de gripe. Pese a tan desolador panorama, os carballeses realizaron un gran partido baseado nun gran xogo colectivo, con Jorge impartiendo o seu magisterio no posto de base (18 puntos e dez asistencias) e con Pablo de brazo ejecutor (25 puntos e seis triplos) dentro do bo xogo colectivo colegial. A pena para os azuis foi o mal terceiro cuarto onde encaixaron un parcial de 16 a 4 que tiraba por terra o excelente traballo da primeira metade. Pese a iso, intentárono no último parcial, cos dous equipos máis envorcados en anotar que en defender (25 a 24) pero a diferenza xa era complicada máxime coas eliminaciones de Jaime e Aítor.
Fase de Ascenso Junior Masculina, xornada 2
- Resultado: EBXIRIA - CB NARÓN (41-64).
- Parciais: 19-11; 27-29; 34-45; 41-64.
- CB ARTAI: Xoel (5), Iván,Juan (7), Fran, Alberto, Diego (18), Antonio (6), Andrés (2), Sergio (2), Mario (2) e Javi.
Tiveron que suar os naroneses para levarse a vitoria de Carballo .Os xogadores de Vázquez son os claros favoritos para pasar como líderes á seguinte fase pero no partido desta mañá botaron moi en falta ao seu mellor xogador, Picallo, sen ningunha dúbida o mellor xogador da competición. Arrincaron como un tiro os locais, anotando con fluidez, incomodando en defensa e con todos os xogadores dispostos de forma moi activa e coral. Cun dous máis de Mallo, un acababa o cuarto e a diferenza era de oito para os carballeses (19 a 11).
Pero a partir de aí, os ataques locais fóronse espesando (só anotarían 22 puntos nos tres cuartos seguintes) e só a intensidade defensiva mantiña as diferenzas en torno aos dez puntos. Na segunda parte, o terceiro cuarto empezaba aínda peor;os carballeses non eran capaces de anotar a primeira canastra (bandexa de Antonio) ata que faltaban tres minutos para o final de cuarto. Non baixaron os brazos os carballeses mantendo as constantes en defensa pero nulos en ataque.
Liga Galega Infantil Masculina, xornada 13
- Resultado: ESTUDANTES LUGO - CB ARTAI (65-47).
- Parciais: 14-8; 26-21; 43-30; 65-47
- CB ARTAI: Carlos (7), Edu (13), Marco (5), Mario (12), Manu (7), José, Iago e Pablo (3).

Os carballeses volvían cunha derrota no “zurrón” tras realizar unha gran e meritoria primeira parte para volver encaixar no terceiro parcial un 17 a 9 que evitaba calquera tipo de reacción para os xogadores de Iván Villaverde, quen outra vez afrontaba o partido con numerosas baixas.
2ª División Cadete Masculina, xornada 15
- Resultado: CB ARTAI - CB FERROL (60-59).
- Parciais: 17-20; 31-26; 54-43; 60-59.
- CB Artai (17 14 23 6): Pablo Belo, Jota (5), Pozas (8), Adrián, Juan (3), Santi Rei (6), Pablo Sueiro (7),Lois, Luciano (2), Javi López (7), Nión e Javi Souto (22).
- Resultado: SANTO DOMINGO DE BETANZOS - CB ARTAI (55-46).
- PARCIAIS: 8-12 16-12 12-8 19-14.
- CB ARTAI: Sabela, Sara (10), Celia, Sarita (8), Emma (10), Nuria (10), Emilia, Uxía, Cayetana (6) e Maria (2).
- Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria.
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.
Final de infarto o dos cadetes, entre os dous equipos que están pelexando pola segunda praza, a que dá dereito a xogar a fase de ascenso pois a primeira xa a ten asegurada o CB Culleredo. Gañaron os locais cunha canastra sobre a bocina de Javi Souto, máximo anotador do partido e sen dúbida o mellor xogador sobre a pista carballesa. Con todo perdido, co marcador favorable aos ferrolanos por 58 a 59 e con só sete segundos para acabar o partido, o beirado carballés percorreu toda a pista para finalizar cunha entrada coa súa man esquerda que poñía o marcador final, 60 a 59, si nque os visitantes puidesen sacar de fondo
Foi o gran final para un “señor” partido de baloncesto ,que puido gañar calquera, dado o gran xogo de ambos equipos. Venceron os locais, capaces de sobrepoñerse a un inicio de partido eléctrico dos visitantes.
2ª Fase Cadete Feminino, xornada 3

Gran baloncesto o xogado polas cadetes do cole, sobre todo durante os primeiros minutos. movendo o balón rápido e con criterio e defendendo con intensidade e anticipación. 8-12 para as carballesas. Se entonaron as de Betanzos en defensa, o que unido a un incremento do acerto en ataque fíxolles levarse un cuarto ante un Artai que corría ben a pista e conseguía canastras fáciles en contraataque e transición. O partido chegou en táboas ao descanso.
Á volta destes as de Betanzos pecháronse atrás e puxeron en apertos ás azuis. Os tiros non entraban e movendo o balón non sempre aparecían os espazos. Finalmente a vitoria quedar en casa por 55 a 46.
Destacar a boa defensa do equipo e a rapidez nas transicións, faltou acerto en ocasións pero as cadetes do cole fixeron un baloncesto de moitos quilates durante gran parte do partido. E destacar individualmente a Nuria, inmensa en defensa e levando perfectamente o ritmo do partido e a Sara, unha vez máis un puntal en defensa malia bailar coa máis fea durante gran parte do partido.