Bota andar, co prazo de inscrición aínda aberto, a pioneira Escola de Xadrez de Muxía

David Lariño, o mestre da Escola de Xadrez de Muxía, durante a presentación

Xa son 25 os inscritos na fantástica Escola Municipal de Xadrez, pero esperan que sexan moitos máis porque non é doado contar en Galicia cun nivel tan alto en materia formativa. As clases comezan este martes 20 de marzo, se ben aínda está aberto o prazo de inscrición.

Este pasado venres tivo lugar a presentación oficial da Escola, cunha posta en marcha moi intensa na que o protagonista foi o mestre da escola, David Lariño, todo un campión de España, Maestro fide (MF) en 2004, Maestro internacional en 2006 e Gran maestro (GM) en 2013.

Os/as asistentes tiveron a oportunidade de xogar unhas partidas de xadrez simultáneas contra todo un campión como é David Lariño, e codearse por uns intres, contra un xogador de nivel internacional.

Lariño disputou varias partidas simultaneas na Escola Municipal de Xadrez de Muxia
Nov@s alumn@s da Escola Municipal de Xadrez de Muxía

Inscrición

As clases estarán separadas por niveis, serán impartidas os martes, mércores e venres de 18:00 a 21:00 horas e desenvolveranse no edificio de servizos múltiples do Concello de Muxía.

O prazo de inscrición segue aberto, e para formalizar a mesma, ten que poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello (de 8:30 a 13:00 h. de luns a venres) no tlf. 981 742 001 ou no enderezo eléctrónico diego.castineira@muxia.es.

De todas as idades
Lariño con Santi Pérez, o gran promotor da escola dende o Club Cabo Touriñán, durante a presentación

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).