Deporte e Saúde con DáFIT: A primavera o sangue altera!?
30 de marzo de 2016 (07:28 h.)
Máis colorido en flores e froitas; comezando co vermello das fresas e dando paso ás tonalidades amarelas e alaranxadas das nésperas as que lle seguen os melocotóns, albaricoques ou nectarinas; mellor tempo, cambios no armario, días máis longos...
Si, con choivas incluídas, chegou a primavera!! Como cada estación do ano, significa un cambio no clima e nas condicións do entorno, algo que afecta ó noso organismo moito máis do que pensamos. Practicamente, o organismo “revolucionase” debido: ó aumento da luminosidade (e máis horas de sol) e da temperatura, os cambios na presión atmosférica, a eclosión da vexetación, a floración e polinización, etcétera. Son estes algúns dos factores que nos afectan e que se traducen en desaxustes nalgúns neurotransmisores e nas hormonas.
A primavera favorece a secreción de feromonas, oxitocina, dopamina e noradrenalina, hormonas que inflúen no noso estado de ánimo, pois redúcese a segregación de endorfinas. Non obstante, débese aclarar que estas modificacións nos niveis hormonais non inciden de igual forma no estado de ánimo de todas as persoas, pero que si explican o dito de “a primavera o sangue altera”. Segundo estatísticas afectan a unha de cada dez persoas. A capacidade de readaptación de cada persoa a estes cambios, poden provocar tanto un maior benestar emocional como un estado de apatía caracterizado pola tristeza, fatiga e incluso insomnio; coñecido popularmente como astenia primaveral.
Para disfrutar de todas as cousas agradables que nos brinda a primavera, queremos amosarvos unha serie de conselliños, moi prácticos e fáciles de levar a cabo. Básicos importantes, para ter unha correcta adaptación ó cambio estacional.
Co cambio de estación, tamén se modifican os alimentos de tempada, os que tanto se recomenda inxerir co fin de aproveitar ó máximo nivel o seu potencial nutritivo, ó mesmo tempo que se ofrecen a mellor prezo pola súa maior oferta. Polo tanto, en relación coa alimentación a dieta debe variar. Nutrirse con produtos frescos é fundamental en calquera época do ano, pero nestes meses ademais pode ser delicioso, pois as verduras, froitas, pescados e legumes están no seu mellor momento.
A continuación presentamos un cadro de acertos e errores arredor dos hábitos que temos en relación coas comidas e coa alimentación. Unha forma peculiar de observar si cometedes algúns deles e corrixilos. E cos acertos o que se debe facer é mantelos ou incorporalos ó teu día a día. ;)
Froitas, verduras e hortalizas de tempada.
Fonte-Federacion Andaluza de Consumidores e Produtores Ecoloxicos
As vitaminas máis frecuentes nos alimentos de tempada son:
- Levar unha dieta san e equilibrada, e beber abundante auga ó longo do día.
- Realizar exercicio físico regular. Pois a astenia afecta ó estado de ánimo, así como ó nivel físico.
- Dedicar tempo a facer plans e decidir cambios a nivel persoal ou profesional, por ben pequenos que sexan.
- Vitamina A e betacarotenos: antioxidante, protexen a pel dos efectos solares e melloran os síntomas das alerxias.
- Vitaminas do grupo B: interveñen na regulación do estado anímico e no funcionamento do sistema nervioso. Axudan a rexeneración de tecidos, reducen os niveis de estrés e melloran a memoria. En concreo a B4 estimula a produción de glóbulos brancos, mellorando os niveis de defensas; mentres que a B9 ou ácido fólico facilita a rexeneración das células e a produción de glóbulos vermellos.
- Vitamina C: moi importante o seu papel na absorción do ferro.
Sesións con Dafit
- Ácido Láctico.
- Efecto EPOC ou Postcombustión.
- Novas tendencias culinarias.
- KickBoxing, para todas as idades!.
- Estiramentos… Si ou non?.
- Cales son as lesións máis frecuentes?
- Exercicio funcional para saber cargar pesos.
- Electrofitness con Dani Trillo.
- #DaFitKIDS.
- O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol).
- Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Enlace patrocinado.