Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Deporte e Saúde con DáFIT: A primavera o sangue altera!?

Deporte e Saúde con DáFIT: A primavera o sangue altera!?
  Máis colorido en flores e froitas; comezando co vermello das fresas e dando paso ás tonalidades amarelas e alaranxadas das nésperas as que lle seguen os melocotóns, albaricoques ou nectarinas; mellor tempo,  cambios no armario, días máis longos... Si, con choivas incluídas, chegou a primavera!! Como cada estación do ano, significa un cambio no clima e nas condicións do entorno, algo que afecta ó noso organismo  moito máis do que pensamos. Practicamente, o organismo “revolucionase”  debido: ó aumento da luminosidade (e máis horas de sol)  e da temperatura, os cambios na presión atmosférica, a eclosión da vexetación, a floración e polinización, etcétera. Son estes algúns dos factores que nos afectan e que se traducen en desaxustes nalgúns neurotransmisores e nas hormonas. A primavera favorece a secreción de feromonas, oxitocina, dopamina e noradrenalina, hormonas que inflúen no noso estado de ánimo, pois redúcese a segregación de endorfinas. Non obstante, débese aclarar que estas modificacións nos niveis hormonais non inciden de igual forma no estado de ánimo de todas as persoas, pero que si explican o dito de “a primavera o sangue altera”. Segundo estatísticas afectan a unha de cada dez persoas. A capacidade de readaptación de cada persoa a estes cambios, poden provocar tanto un maior benestar emocional como un estado de apatía caracterizado pola tristeza, fatiga e incluso insomnio; coñecido popularmente como astenia primaveral. Para disfrutar de todas as cousas agradables que nos brinda a primavera, queremos amosarvos unha serie de conselliños, moi prácticos e fáciles de levar a cabo. Básicos importantes, para ter unha correcta adaptación ó cambio estacional.
  • Levar unha dieta san e equilibrada, e beber abundante auga ó longo do día.
  • Realizar exercicio físico regular.  Pois a astenia afecta ó estado de ánimo, así como ó nivel físico.
  • Dedicar tempo a facer plans e decidir cambios a nivel persoal ou profesional, por ben pequenos que sexan.
Como tamén é época de alerxias, cabe destacar, que a práctica regular de exercicio físico reduce os síntomas alérxicos. Pois ofrece efectos positivos para o sistema cardiovascular, respiratorio e muscular, e no caso das persoas alérxicas o beneficio é maior. Dafit Saudable Co cambio de estación, tamén se modifican os alimentos de tempada, os que tanto se recomenda inxerir co fin de aproveitar ó máximo nivel o seu potencial nutritivo, ó mesmo tempo que se ofrecen a mellor prezo pola súa maior oferta. Polo tanto, en relación coa alimentación a dieta debe variar. Nutrirse con produtos frescos é fundamental en calquera época do ano, pero nestes meses ademais pode ser delicioso, pois as verduras, froitas, pescados e legumes están no seu mellor momento. A continuación presentamos un cadro de acertos e errores arredor dos hábitos que temos en relación coas comidas e coa alimentación. Unha forma peculiar de observar si cometedes algúns deles e corrixilos. E cos acertos o que se debe facer é mantelos ou incorporalos ó teu día a día. ;) Errores e acertos na alimentacion-DAFIT Froitas, verduras e hortalizas de tempada. Froitas e verduras-Federacion Andaluza de Consumidores e Produtores Ecoloxicos Fonte-Federacion Andaluza de Consumidores e Produtores Ecoloxicos As vitaminas máis frecuentes nos alimentos de tempada son:
  • Vitamina A e betacarotenos: antioxidante, protexen a pel dos efectos solares e melloran os síntomas das alerxias.
  • Vitaminas do grupo B: interveñen na regulación do estado anímico e no funcionamento do sistema nervioso. Axudan a rexeneración de tecidos, reducen os niveis de estrés e melloran a memoria. En concreo a B4 estimula a produción de glóbulos brancos, mellorando os niveis de defensas; mentres que a B9 ou ácido fólico facilita a rexeneración das células e a produción  de glóbulos vermellos.
  • Vitamina C: moi importante o seu papel na absorción do ferro.
A primavera é unha gran oportunidade para pasar máis tempo ó aire libre, recibindo de xeito moderado o sol que nos aporta vitamina D e facendo exercicio para manternos activas e activos. Así como, para comer san, variado, colorido e saboroso. Aplícate o conto! E boa semana.   

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios