Sen lugar a dúbidas, o partido da semana será o derbi entre Santa Comba e Xallas (coa baixa de Jesús recentemente operado), que ademais foi catalogado polo cadro laranxa como día do clube polo que haberá que pasar por taquilla. Prevese unha entrada de excepción en Fontenla, para un coche entre dous equipos que están xa arriba na táboa da Preferente. Ademais o Soneira terá que comezar a sumar de 3 en 3 ante o Bertamiráns, e o Dumbría quere seguir coas vitorias en Viveiro.
Cee e Ponteceso terán difíciles enfrontamentos ante o Vizoño e Olímpico. Na Liga da Costa o Club do Mar intentará seguir creando tremenda espectación vencendo ao Baio. Dumbría B e Nantón enfróntanse pola parte alta, e os que tamén queren seguir o ritmo caionés serán Malpica e Camariñas. Un dos encontros da fin de semana será o derbi entre Fisterra e Corcubión.
Na 3ª da Costa o encontro da semana é o derbi entre Montelouro, líder con 4 de 4, e o Carnota, un dos grandes aspirantes ao ascenso. Ademais, Outes e o potente Alcaián intentarán seguir a senda sureña mentres ao Cerqueda tócalle descansar.