Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Os favoritos non fallan

3ª Autonómica: Os favoritos non fallan
Xornada sen grandes sorpresas e os favoritos non fallaron, quizais o máis destacable é o empate do Porteño, aínda que do campo fisterrán semella que non van a escapar moitos puntos. Como ben sendo habitual na Terceira cada xornada hai unha goleada abultada, nesta xornada a vítima foi o Xaviña a mans do Coristanco.

Lira - Montelouro (0-3)

  • LIRA: Quique, Fernando, Chindo, Manolo, Angel, Abel, Suso Patachín, Fran Posiño, Gabri, Ancho e Fran Perico. Tamén xogaron Manuel e Alvaro.
  • MONTELOURO: Jose, Geiko, Pedro de García (Pablo, min.85), Chema, Teo, Fernando, Dani de Sahorta, Edu (Jarondo, min.55), Pesco (Germán, min.80), Denís (Raúl, min.70) e Rico.
  • Goles: 0-1, min.75: Pesco; 0-2, min.83: Pesco; 0-3, min.88: Rico.
  • Expulsión: O local Álvaro (min.70) por dobre cartón amarelo.
Choque de proximidade que se saldou a favor do Monte louro que foi superior. A vitoria permite ao equipo adestrado por Canelo seguir no máis alto da táboa tras catro xornadas e sumando pleno de vitorias.

Xaviña - Coristanco (2-7)

  • XAVIÑA: Pablo, Gallego, Sergio, Juan Antonio, Chiribí, Chapu, Diego, Búa, Elvis (Alberto, min.65), Brion (Rubén, min.75) e Martín.
  • CORISTANCO: Pombo, Castro (Germán, min.70), Arantón (Iván, min.50), Óscar, Marcos, Pazos, Sergio, Luís, Benítez, Dani (Mallón, min.55) e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.20: Oscar; 0-2, min.30: En propia porta tras tiro de Pazos; 0-3, min.38: Toniño; 0-4, min.50: Benítez; 1-4, min.60: Diego; 1-5, min.65: Toniño; 2-5, min.67: Martín; 2-6, min.70: Pazos; 2-7, min.80: Pazos.
Tan só houbo partido igualado ata a media hora, na que os locais disfrutaron dun lanzamento ao pau. Os visitantes pouco a pouco foron impoñendo a súa veteranía e os goles foron caendo ata rematar na goleada final que foi un pouco excesiva.

Independiente - Cerqueda (2-5)

  • INDEPENDIENTE: Noé, Brais, Dani, Scot (Héctor, min.46), Yonathan, Rubén, Míchel (Rafa, min.46), Carlos, Brian (Ivi, min.46), Sande (Cholo, min.46) e Gustavo.
  • CERQUEDA: Che, Javi Pazos (Athu, min.70), Javi, Juan, Jorge (Rober, min.55), Santi (Maikel, min.65), Lorenzo (Dani Añón, min.60), Dani, Dieguito e Alex (Jonathan, min.70)
  • Goles: 0-1, min.39: Javi; 0-2, min.43: En propia porta tras un centro atrás de Lorenzo; 0-3, min.47: Alex; 1-3, min.55: Héctor; 1-4, min.58: Dieguito; 1-5, min.75: Dieguito; 2-5, min.85: Cholo, de penalti.
Gran primeira metade do Cerqueda que varreu ao seu rival do campo, pese a que acabou gañando por tan só dous goles. Os locais tentaron revolucionar o partido con 4 cambios no descanso, melloraron a imaxe, pero non puideron evitar a goleada dun Cerqueda, que pese a que non xogou coa mesma intensidade si estivo máis acertado cara o gol.

Soneira B - Alcaián (2-4)

  • SONEIRA B: Tonecho, Vicentiño, Curra (Damian, min.49), Chuchi, Alberto, Chans, Dani, Cristian de Cereixo, Cristian Figueroa (Ricardiño, min.30), Fer (Félix, min.54) e Marquitos (Esteban, min.73)
  • ALCAIAN: Rizos, Fran Pombo (Dani, min.60), Dani, Rubén (Nando, min.69), Luís, Pío, Víctor, Pichel (Diego, min.46), Iván Souto (Negreira, min.46), Pistolas e Roberto (Tote, min.65).
  • Goles: 0-1, min.38: Roberto; 0-2, min.43: Pichel; 0-3, min.53: Rubén; 1-3, min.58: Cristian de Cereixo; 2-3, min.81: Ricardiño; 2-4, min.92: Tote.
Moi boa imaxe do filial soneirán que pese a encontrarse cun marcador adverso de 0-3 non renunciou a loita e non dou o partido por perdido e puxo en apuros nos minutos finais aos coristanqueses. Roberto abriu o marcador a rentes do descanso Roberto cunha vaselina a que Tonecho nada puido facer. Pouco despois Pichel marcaba cun disparo dende o vértice da área grande. Parecía que o partido se acaba e aínda máis cando trala reanudación do descanso Rubén recollía un rexeite na área pequena tras un córner e subía o terceiro para o seu equipo. Motivados e impulsados por Ana dende o banco, de novo tivo que dirixir soa o equipo pola ausencia de Mayco, os xoves xogadores vimianceses foron rondando a área contraria e así deron reducido distancias, Cristian de Cereixo marcaba o primeiro do partido e tamén da historia do filial soneirán e pouco despois o xuvenil de primeiro ano, Ricardiño marcaba o segundo. Volcaronse na busca do empate e nunha contra Tote poñía o definitivo 2-4.

Cabana – Atl Pereiriña (3-0)

  • CABANA: Dani, Pancho, David, Marcos, Jose, Diego (Jacobo, min.60), Darío (Rubén, min.85), Sandro, Josiño (Fernando, min.20), Adrián (Oscar, min.80) e Nando.
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille (Alvaro Fiuza, min.65), Jose, Gabri, Mateo (Riki, min.88), Rafa, Adán, Paulino, Mario, Alex (Javier, min.88) e Jorge (Poki, min.60).
  • Goles: 1-0, min.86: Nando, de falta; 2-0, min.87: Adrián; 3-0, min.93: Fernando.
  • Expulsión: O adestrador local Pablo Mallón.
Pese a ser superior, o Cabana tivo que esperar aos últimos minutos do partido para golear aos da Pereiriña. Nando abriu o marcador cun lanzamento de falta directa e logo Adrián tras uns rexeite dunha falta e Fernando en tempo de desconto nunha contra estableceron a goleada final.

Carnota - Corcoesto (2-0)

  • CARNOTA: Peipo, Boni (Urko, min.55), Pedro, Tono, David de Brea, Manuel Luís (Pumuki, min.75), Tono Goyanes (David Castreje, min.80), Borja Santos (Pedro, min.85), Rodrigo, Manoliño (Raúl, min.75) e Casti.
  • CORCOESTO: Siro, Miguel (Xabi, min.55), Edelmiro, Germán, Rodri, Luís, Javi, Uru (Martín, min.75), Pablo, Miguel e Héctor.
  • Goles: 1-0, min.10: Casti; 2-0, min.80: Pumuki.
Traballada vitoria dos carnotáns que dominaron o partido e tiveron ocasións para un marcador máis amplo, pero puideron verse en apuros si o colexiado sinala unha pena máxima sobre Héctor de Peipo mediada a segunda metade. Casti aproveitouse dun mal pase atrás dun lateral visitante que se converteu nunha asistencia para o cañoneiro local. Xa na reta final do encontro Pumuki marcou un bonito gol mandando o balón por toda a escadra.

Camelle – Outes (2-5)

  • CAMELLE: Carlos, Cristian (Coruña, min.46), Diego (Adrián, min.80), Manuel, Juanjo, Carlos Valiña, Alvaro, Mario, Iván, René (Alvaro Tonsón, min.46) e Felipe Barrientos.
  • OUTES: Gato, Alvaro (Lago, min.80), Martín (Saúl, min.46), Debé, Chúa, Poke, David, Fabio, Deivi, Potor (Kin, min.46) e Pesco (Damian, min.71)
  • Goles: 0-1, min.5: Fabio; 1-1, min.9: Felipe Barrientos; 1-2, min.44: Deivi; 1-3, min.64: Fabio; 2-3, min.66: Felipe Barrientos; 2-4, min.68: Deivi, de penalti; 2-5, min.88: Deivi.
Encontro igualado na primeira metade, na que os visitantes levaron máis o peso do partido. Na segunda metade os locais volvero a acusar un baixón físico e foron cedendo pouco a pouco ao mellor fútbol visitante que tivo varias ocasións a maiores dos goles. Unha xogada clara puido ser o terceiro gol dos de Outes no que ambos equipo coinciden no claro fóra de xogo no que se atopaba Fabio.

Laxe - Volantes de Baño (0-0)

  • LAXE: Illote, Gándara, López, Jaja, Antonio Castro, Adán, Samuel (Naya, min.75), Iván Ventura (Martín, min.46), Darío, Rubén e Felipe.
  • VOLANTES: Vole, Juan, Mou (Edu, min.60), Maikel, Paqui, Ramon, Brais, Varo, Pardelo (Fran, min.75), Piti e Nimo (Javi, min.80).
Emocionante partido a pesar do 0-0, con moi boas ocasións para os dous bandos. I é que foi un auténtico "ida por volta" de arriba para abaixo, con pouco fútbol, pero moia entrega e ocasións. Pero o balón non quixo entrar e os porteiros, Illote, recén chegado do Ponteceso, e Vole, foron os protagonistas. O Laxe buscaba máis o pase longo a Felipiño que marrou un par de boas ocasións diante de Vole. E no bando muradán, o perigo chega cando conseguen combinar os Brais, Varo e Piti. De feito, o propio Piti puido desnivelar a balanza pero Illote estivo mellor. Ao final, os locais pediron un penalti que non viu o colexiado.

Fisterra B - Porteño (0-0)

  • FISTERRA B: David Perló, Dudo (Noé, min.75), Cote, Jorge, Juanjete (Santy, min.60), Eddy, C. Hidalgo (Dani, min.68), Marco Castreje, Carlos, Cote e Insua.
  • PORTEÑO: Asier, Pejo, Piti (Pablo de Quintáns, min.46), Yago Carril, Brais, Yago Martínez, Quilmes, Sergio Vilaseco (Wi, min.56), Tajes (Jorgito, min.60), Isma e Pablo Santacristiña .
Partido aburrido o disputado en Ara Solis. Os dous conxuntos loitaron pola posesión do balón, pero ningún equipo foi capaz de dobregar ao seu rival. Antes do descanso o Fisterra disfrutou dunha triple ocasión coa que non foron capaces de adiantarse no marcador. Pero o Porteño tamén puido poñerse por diante. No segundo tempo os dous equipos buscaron as porterías contrarias sen ningún tipo de premio. Antes do final o Porteño dispuxo dun par de balóns cos que conseguir bater a David pero a defensa do Fistera salvou os mobles nun gran partido do zagueiro Jorge. Ao final empate sen goles merecido despois do pouco visto en Ara solis. No Porteño debutou o vimiancés Jorgito, ex xogador do Baio.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios