Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Mala xornada

1ª Autonómica: Mala xornada

Mala fin de semana para Cee e Ponteceso. 1 vitoria e 2 derrotas é o balance dos dous equipos neste comezo de temporada.

Silva - Cee (4-1)

  • Cee: Parroto, Fiuza, Julito, Luís, Miguel Riveiro, Piquero, Angeliño, Fernando, Penedo, Diego (Jorge, min.63), Tasky.
  • Goles: 1-0. 1-1: Angeliño. 2-1. 3-1. 4-1.

Demasiadas baixas (Mingos, Nico, Berto, Jacobo, Rafa, Rivi, Fermín, Víctor e Llanero) para que Pato puidese prantar unha convocatoria de garantías na Coruña. Así e todo, o cadro ceense intentou plantar cara aos coruñeses, pero non acaba de coller o tono como visitante.

Ponteceso - Arteixo (1-2)

  • Ponteceso: Norberto, Fabián, Carlos Mato, Dani Pallas, Rubén, Alberto Recarey, Rubio, Toniño (Diego, min.85), Mendieta (Fabri, min.70), Luisete e Nando (Pitu, min.75).
  • Goles: 0-1, min.1; 1-1, min.25: Luisete, de penalti; 1-2, min.85.

Dura derrota do Ponteceso na casa ante un potente Arteixo. O encontro, que estivo moi igualado en todo momento, con alternativas en ambas áreas, comezaba mal para os locais, cun tanto dos arteixáns no primeiro minuto. Pouco a pouco o equipo pontecesán foi subindo filas con Nando e Luisete moi activos arriba. Precisamente foi Luisete quen acadou o empate de penalti.

O Arteixo, que xa suma 3 vitorias en 3 partidos, foi subindo liñas, e dominou lixeiramente durante a segunda metade. Así e todo non merecía a vitoria, que lle chegou a falta de 5 minutos para o final, cando todo parecía abocado ao empate.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios