![Silva - Cee- Foto-XA Boedo]()
Primeira xornada completa de fútbol da Costa nesta campaña 2011-2012. Nada menos que 67 encontros en todas as categorías, unha vez que esta semana comezaban os xuvenís da Liga Sur, os cadetes, e os infantís. E QPC Deportes trae, antes que ninguén, todos os resultados.
Comezamos pola
Preferente, onde
Xallas e Santa Comba seguen sumando, desta volta, con sendos empates. Ademais, a boa nova da xornada a puxo o
Dumbría, foi o único que sacou os 3 puntos vencendo en casa ao Foz. O
Soneira caía en Narón, mentres que na 1ª
Cee e
Ponteceso tamén eran derrotados.
Xa na
Liga da Costa, o
Club do Mar parece empeñado en distanciarse, e o sábado
O Pindo non podía parar a máquina caionesa. O
Dumbría B empataba en
Mazaricos polo que deixa en solitario ao líder. Por detrás,
Malpica e
Camariñas amosando que van estar aí, e Esteirana e
Nantón, sen ben os cabaneses pararon os pés a esta
Esteirana que pode dar moitas sorpresas ao longo do ano.
A
3ª continúa comandada polo
Montelouro, que suma 4 vitorias e tan só un gol en contra en 4 partidos. O
Outes, que puido co
Camelle, o
Cerqueda, que fixo o propio co Independiente, e o sorpredente Alcaián, que venceu ao filial soneirán, suman 10 puntos. Por detrás non se descolgan, o
Cabana, que batía co
Pereiriña, e o
Coristanco, pechando o grupo da fase de ascenso.
E comezaba a
Liga Xuvenil Sur, cun
Cee moi potente que arrasaba o
Muros. Polo norte, o
Dumbría B segue amosando que é o grande favorito, e arrasou 6-0 co Camariñas. Pero ollo con este
Malpica, que leva tamén un equipazo e mantense de líder, cun partido máis, pero moi bos números.
A xornada de cadetes comezou con varias goleadas, como a do Baio ao Porteño ou a do Outes ao Muxía, mentrs que en infantís parece que a cousa vai estar algo máis igualada.
Preferente Norte, xornada 4
| Narón |
1-0 |
Soneira |
| Dumbría |
2-0 |
Foz |
| Xallas |
0-0 |
Viveiro |
| Xove Lago |
1-1 |
Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 3
| Silva |
4-1 |
Cee |
| Ponteceso |
1-2 |
Atl. Arteixo |
2ª Autonómica, xornada 3
| Corcubión |
1-3 |
Malpica |
| O Pindo |
0-4 |
Club do Mar |
| Camariñas |
3-0 |
Sofán |
| Baio |
0-3 |
Corme |
| Nantón |
3-2 |
Esteirana |
| San Lorenzo |
2-2 |
Zas |
| Buño |
3-3 |
Muros |
| Mazaricos |
0-0 |
Dumbría B |
| Castriz |
1-1 |
Fisterra |
3ª Autonómica, xornada 4
| Xaviña |
2-7 |
Coristanco |
| Lira |
0-3 |
Montelouro |
| Cabana |
3-0 |
Atl. Pereiriña |
| Laxe |
0-0 |
Volantes |
| Camelle |
2-5 |
Outes |
| Indep. Carballo |
2-5 |
Cerqueda |
| Carnota |
2-0 |
Corcoesto |
| Fisterra B |
0-0 |
Porteño |
| Soneira B |
2-4 |
Alcaián |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 1
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 1
| Outes |
3-1 |
Dumbría |
| Mazaricos |
1-0 |
Esteirana |
| Soneira |
4-1 |
Corcubión |
| Santa Comba |
3-3 |
Fisterra |
| Cee |
6-0 |
Muros |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 3
| Ponteceso |
1-6 |
Zas |
| Dumbría B |
6-0 |
Camariñas |
| Coristanco |
3-2 |
Laxe |
| Malpica |
7-0 |
Corme |
| Muxía |
3-3 |
Baio |
División de Honor Cadete, xornada 1
| Racing Ferrol |
4-1 |
Bergantiños |
Segunda Cadete, xornada 1
| Cabana |
3-4 |
Esteirana |
| Soneira |
3-0 |
Coristanco |
| Muros |
4-0 |
Fisterra |
| Santa Comba |
1-2 |
Dumbría |
| Camariñas |
1-2 |
Malpica |
| Baio |
15-1 |
Porteño |
| Outes |
10-1 |
Muxía |
| Cee |
4-2 |
Ponteceso |
Segunda Infantil, xornada 1
| Outes |
7-4 |
Ponteceso |
| Santa Comba |
2-3 |
Cabana |
| Muxía |
20-09 - 18:00 |
E.M.F. Vimianzo |
| E.D. Os Miudos |
2-3 |
Fisterra |
| Baio |
1-1 |
Coristanco |
| Cee |
5-2 |
Esteirana |
| Dumbría |
5-1 |
Con. de Carnota |
| As Baleas |
4-3 |
Zas |
| Porteño |
Susp* |
Corme |
* - O Porteño retirouse da competición.
Ligas de Veteranos, xornada 2
1ª División
| Vimianzo |
2-11 |
Camariñas |
| Xv. Bergantiños |
3-3 |
Baio |
| Nantón |
0-2 |
Corcubión |
| Buño |
1-4 |
San Lorenzo |
| San Román |
1-0 |
Ponteceso |
| Bértoa |
1-1 |
Zas |
| Cabana |
4-3 |
Bergantiños |
2ª División
| Sofán |
0-1 |
Coristanco |
| Porteño |
1-2 |
At. Milagrosa |
| Malpica |
2-2 |
Corcoesto |
| Leiloio |
4-1 |
Corme |
| Agualada |
2-3 |
Club do Mar |
| Camelle |
0-0 |
Cerqueda |
| Muros |
2-1 |
Soneira |
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).