2ª Autonómica: O Club do Mar sobresae neste igualado comezo de liga

15:37 19/09/11
Igualdade total, non hai rival pequeno, todos os tópicos que se queiran nesta liña serven para definir este comezo de campaña na Liga da Costa. Cunha salvedade, o Club do Mar, que parece comezar este ano un paso por riba do resto. Con todo, aínda non fixo nada o conxunto caionés e os rivais que ten superado, con relativa facilidade, non son dos que estarán arriba, salvo o Castriz. De feito, o ano pasado os caioneses venceran 8 dos 10 primeiros partidos e finalmente se desinflaran. Nas vindeiras semanas, Baio, Camariñas e Sofán serán boas pedras de toque para medir o verdadeiro potencial desta, xa chamada, "selección".
Ollo tamén ao Camariñas, que comeza a sumar de 3 en 3, e ao Malpica, que xa partía como favorito tralos reforzos deste verán.
Camariñas - Sofán (3-0)

- CAMARIÑAS: Pombo, Pesqui (Nico, min.46), Carlos, Breo, Maikel, Moriño, De la Sierra (Javi, min.60), David (Daniel, min.76), Juan oBello, Brais e Leo.
- SOFÁN: Richard, David Velo (Victor, min.72), Adrián, Juanjo, Eloy Boedo, Aleman, Ivan Rey, Suso Docampo, Abel, Edu (Berti, min.69) e Jacobo.
- Goles: 1-0, min.75: Leo; 2-0, min.78: Javi; 3-0, min.80: Leo.
- Lesión: David Velo, cun problema no hombreiro.

Corcubión - Malpica (1-3)
- CORCUBIÓN: Cristian, Pablo (Sebas, min.63), Sergio Manín, Conguito, Papi, Alán, Edu, Camacho (Balucho, min.85), Mario, Lourido e Johni.
- MALPICA: Suso; David Álvarez (Avelino, min.46), Eme (Casais, min.46), Víctor, Iago, Nando (Rancaño, min.46), Neucha (Cheo, min.46), Daniel, Pablo, Andrés e Alfredo.
- Goles: 1-0, min.5: Lourido tras un córner. 1-1, min.43: Pablo de penalti cometido por Sergio Manín sobre el mesmo. 1-2, min.47: Alfredo a centro de Cheo. 1-3, min.88: Pablo de penalti de Sergio Manín sobre Cheo.
- Expulsión: o adestrador local Manín.
O Pindo - Club do Mar (0-4)
- O PINDO: Julián, Diego de Ameixenda (Hipo, min.80), Ángel (Pablo, min.80), Juan, Manolito do Porto, Lolo, Carlos Leis, Hugo, Riolo (José da Maroca, min.70), Javi Conexo e Carlos (Vicente, min.40).
- CLUB DO MAR: Iago, Corral, Repi, Alberto (Luís Lareo, min.82), Rubén (Fran Borrazás, min.55), Alex, Jacobo, Tonecho, Bertín, Santi Silva (Manu, min.70) e Vituco (Brais, min.80).
- Goles: 0-1, min.30: Vituco, de penalti; 0-2, min.60: Tonecho nunha falta indirecta dentro da área. 0-3, min.70: Bertín; 0-4, min.80: Brais.
Baio - Corme (0-3)
- BAIO: Poyo, Andrés (Pablo, min.15), Mario, Iván de Treos, Fermín, Martín, Eloy, Martín MC, Alberto (Rubio, min.60), Canai e Javi Suárez.
- CORME: Suso, Adolfo, Jesús, Cordobés, Abel, Pandi, Alejandro, Lucas, Adrián Doldán (Gonzalo, min.65), Diego (Javi, min.70) e Iago (Martín, min.55).
- Goles: 0-1, min.30: Iago; 0-2, min.50: Alejandro; 0-3, min.75: Diego.
- Lesión: o baiés Andrés cunha rotura de fibras.
Nantón - Esteirana (3-2)
- NANTÓN: Martín, David Lareo, Diego, Félix, Sito, Carlos Vidal, Fabio, Martín, Luís, Manolo e Iván (Cristian, min.65).
- ESTEIRANA: Benancio, Roi, Suizo, Chispi, Fran (Dani, min.75), Pichu, Eloi, Adrián (Isma, min.70), Alex, Adelino e Cajulo.
- Goles: 1-0, min.25: Manolo a pase de Luís; 1-1, min.50: Adelino; 1-2, min.80: Adelino; 2-2, min.82: Sito; 3-2, min.85: Luís.
- Expulsión: O local Félix no min.65.
San Lorenzo - Zas (2-2)
- SAN LORENZO: Sergio, Santi, Adrián, Dubra, Puñal, Cachizo, Jorge (Chucho, min.65), Anxo (Miguel, min.60), Marcos Cancela, Fuentefría (Canteiro, min.80) e Carlos Fuentes (Eloy, min.75).
- ZAS: Damián, Martín (Dani Castelo, min.55), Mancebo, Lagoa, Pereiro, Juan, Peque, Jaime, Adrián, Rafa (Pastor, min.70) e Pablo Muíño.
- Goles: 0-1, min.6: Pablo Muíño aproveita unha falta de entendemento entre defensa e porteiro; 1-1, min.20: Santi dende o borde da área; 1-2, min.50: Lagoa saca de falta dende o medio campo e o balón se lle escapa ao metal local Sergio; 2-2, min.60: Puñal de cabeza.
Buño - Muros (3-3)
- BUÑO: Brais, Ángel, Diego, David (Alfredo, min.46), Brais, Jorge, Ismael, Rubén (Emilio, min.50), Dourado (Miguel, min.70), Elías (Antelo, min.65) e Víctor.
- MUROS: Lupi, Mingos (Gelo), Teo, Mayuyo, Marco, Manu Dosil (Yanki), Dani (Alberto), Jesús (Gabriel), Óscar, Seluco e Sexo.
- Goles: 0-1, min.15: Seluco; 1-1, min.20: Víctor. 2-1, min.47: Víctor; 3-1, min.70: Antelo; 3-2, min.75: Mayuyo de falta directa; 3-3, min.85: Seluco a pase de Sexo.
Mazaricos - Dumbría B (0-0)
- MAZARICOS: Pejo, Casais, Matías (Ramón, min.0), Marcos, Chico, Brais (Oreiro, min.70) (Sandelo, min.80), Ramón, Esteban Pereiro, Rodrigo, Cristian e Rafa (Tubi, min.50).
- DUMBRÍA B: Anxo, José Carreira, Sergio Cives, David Carreira, Ramiro, Jesús, Riki (Fernando, min.55), José Manuel, Toni (Rodrigo, min.70), Pablo Lestón e Miguel Poyo.
- Lesión: Tuco (fibras) e Matías (no xeonllo) xa no quecendo e Oreiro, nun nocello.
Castriz - Fisterra (1-1)
- CASTRIZ: Herrera, Martín, Sergio Pose (Jonhi), Alejandro, Toniño, Alberto, Toño, Pablo (Rubén), Prego, Sebas e Iván.
- FISTERA: Joselu, Juan, Gus, Manuel Cartamil, Pana (Piti, min.46), Nico, Roco, Guardiola (Marco Docabo, min.60) (Santi, min.80), Roa (Tata, min.70), Rivas (Mané, min.70) e Dudo.
- Goles: 1-0, min.1: Sebas; 1-1, min.25: Dudo.
Máis información
Novas relacionadas
- Preferente: O Dumbría xa sabe gañar.
- 1ª Autonómica: Mala xornada.
- Resultados dos 67 encontros do fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora a SD Fisterra, o blog da SD Sofán, o blog do Malpica de Luís E. Porto e o Blog do Baio.