Esta fin de semana Dumbría será a capital galega da BTT

Fin de semana completa en Dumbría arredor do mundo BTT, coa celebración da III MiniBTT emais o Ralli XC, Open Deputación da Coruña, no que Dumbría é o único concello participantes.

Mini BTT

O vindeiro sábado 16 de maio, o Concello de Dumbría xunto có club ciclista Dumbría, organizan por tercer ano consecutivo, as competicións federadas de ciclismo en montaña para categorías inferiores.

A primeira saida programa é para as 10,30h, con apertura de inscriccións a partir das 9,00h.Todas as probas se desputarán no circuito de btt que o Concello ten preparado para este tipo de probas, situado nas inmediacións das instalación deportivas do Conco. As categorías que compiten son as seguintes: Prebenxamín, Promesa, Principiante, Alevín e Infantil, tanto en categoría masculina coma feminina. Dependendo da categoría, os participantes Terán que completar circuitos acordes a súa idade. Os prebenxamíns, promesas e principinates fan 2 mangas os de categoría alevín e infantil una soa manga.

A competicíon é de carácter autonómico e clube de toda Galicia achegaránse ata Dumbría para desfrutar deste fermoso deporte. Por parte do club local, haberá representación en tódalas categorías cun total de 11 corredores. A previsión de participantes total e de 120. Unha vez rematadas as probas, entregaránse trofeos os tres primeiro/as, así coma medallas o cuarto e quintos clasificados.

3º Trofeo Concello de Dumbría Ralli XC

Unha vez rematadas as probas para categorías inferiores, a partir das 16,30h dará comezo a competición de ralli xc en categorías a partir de cadetes. Os ciclistas completarán un circuito cunha lonxitude total de 6km, donde dependendo da categoría farán máis ou menos voltas. Os primeiros en tomar a saída son as categorías: Cadetes masculino e feminino, master 30 master 40 master 50 e 60.. E en Segunda saída: Élite e sub 23,junior masculino e feminino e élite feminino.

As características do percorrido son para levar un pedaleo constante, destacando un tramo de subida que co paso de varias voltas vai facer mella nas pernas dos ciclistas.

Unha vez rematadas as competicións, trofeos para os tres primeiros/as clasificados en cada categoría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).